A xeración dos 75-85, a ultima xeración…

mayo 4, 2007 at 8:02 am

Fedellando polos antigos correos encontrei este que me fixo lembrar tempos pasados, e hoxe que non tiña nada que facer decidin traducilo e poñelo nun ‘post’ para homenaxear aqueles anos pasados.

Xeración dos 75-85, o obxecto desta misiva é a de reivindicar unha
xeración, os 75-85, de todos aqueles que nacemos nos 80 (un par de anos
arriba, anos abaixo), a dos que estamos currando de algo que
os nosos pais nin podían soñar, a dos que vemos que o piso que
compraron os nosos pais agora vale 20 ou 30 veces máis, a dos que
estaremos pagando a nosa vivenda aos 50 anos.

Nós non estivemos na Guerra civil, nin en maio do 68, nin corremos
diante dos grises, non votamos a Constitución e a nosa memoria
histórica comeza coas olimpiadas do 92.
Aínda que non nacemos nunha dictadura, sempre tivemos unha conciencia
democrática e a serie ‘Cuentame’ parécenos que fai unha merda de apología
do franquismo.

Por non vivir activamente a Transición din que non temos ideais e
sabemos de política máis que os nosos pais e do que nunca saberán os nosos irmáns pequenos e
descendientes. Somos a última xeración que aprendemos a xogar na
rúa ás chapas, a peonza, as canicas, a comba, a goma ou o rescate
e, á vez, somos a primeira que xogamos a videoxogos, fomos a parques
de atraccións ou visto debuxos animados en cor.

Os Reis Meigos non sempre nos traían o que pediamos, pero oïamos (e
seguimos oíndo) que o tivemos todo, malia que os que viñeron
logo de nós si o teñen realmente e ninguén llo di. Etiquetadonnos de xeración X e xeración sandwich,e tivemos que tragarnos”bodrios” como: Melrose place ou Sensación de vivir, e máis adiante, Ás 11
en casa e Compañeiros (gustáronche no seu momento, vólveas a ver, verás que
chasco). Choramos coa morte de Chanquete, coa puta nai de Marco que
non aparecía, coas putadas da Señorita Rottenmayer.

Somos unha xeración que vimos a Maradona facer campaña contra a
droga, que nos rimos dun anuncio que dicía que se o Madrid era outra vez
campión de Europa, que durante un tempo
tivemos ao baloncesto como o primeiro dos deportes.

Entramos ao colexio cando o 1 de novembro era o día de Todos os Santos
e non Halloween, cando aínda se podía repetir curso, os últimos en facer
BUP e COU, os pioneros da E.S.O.

Fomos as cobayas no programa educativo, somos os primeiros en incorporarnos
a traballar a través dunha ETT e aos que menos lles custa
tirarnos do traballo… Sempre nos recordan acontecementos de antes que
nacésemos, coma se non vivísemos nada histórico.
Nós aprendemos o que é o terrorismo contando chistes de Irene
Vila, vimos caer o muro de Berlín e a Boris Yelsin bébedo tocarlle o cu
a unha secretaria; os da nosa xeración foron á guerra (Bosníaca,
etc.) cousa que os nosos pais non fixeron; gritamos OTAN non bases fóra,
sen saber moi ben que significaba e decatámonos do golpe do 11 de septembro.

Aprendemos a programar o video antes que ninguén, xogamos co Spectrum,
odiamos a Bill Gates, vimos os primeiros móbiles e cremos que Internet
sería un mundo libre.

Somos a xeración de Espinete, Don Pimpón e Chema “El panaderofarlopero”.
Os que recordamos a Enrique do Pozo cantando con Ana (abuelito dime
o teu…), os mundos de Yupi e as pesetas louras.

Emocionamonos con superman, ET ou En busca do Arca Perdida. Comiamos Phosquitos e os
Tigretones eran o mellor, aínda que aquilo que empezaba (algo chamado
Bollycao) non estaba do todo mal. Somos a xeración do “O coche
fantástico”, “Oliver e Benji”…

A xeración que se cansou de ver as mamachichos. A xeración á que lle entra a risa floja cada vez que tratan de vendernos que España é favoritapara un mundial. A última xeración que vía ao seu pai poñer a baca do
coche ata o cu de maletas para ir de vacacións. A última xeración
das litronas e os porros, e que cona, a última xeración corda que houbo.

Este correo está dedicado ás persoas que naceron entre 1975 e 1985.

A verdade é que non sé como puidemos sobrevivir á nosa infancia!!!!
Mirando atrás é difícil crer que esteamos vivos na España de antes:
Nós viaxabamos en coches sen cintos de seguridade traseiros, sen
sillitas especiais e sen air-bags, faciamos viaxes de máis de 3h sen
descanso con cinco persoas no coche e non sufriamos a síndrome da
clase turista.

Non tivemos portas con proteccións, armarios ou frascos de medicinas con tapa
a proba de nenos. Andabamos en bicicleta sen casco, nin protectores
para xeonllos nin cóbados. As randeeiras eran de metal e
con esquinas en pico. Saïamos de casa pola mañá, xogabamos todo o día,
e só volviamos cando se acendían as luces.

Non había móbiles. Rompiamonos os ósos e os dentes e non había ningunha lei para castigar a
os culpables.

Abriámonos a cabeza xogando a guerras de pedras e non pasaba nada, eran
cousas de nenos e curábanse con mercromina vermella e uns puntos e ao día
seguinte todos contentos. Iamos a clase cargados de libros e cadernos,
todo metido nunha mochila que, de cando en cando, tiña reforzo para os ombreiros e,
moito menos, rodas!!!

Comiamos doces e bebiamos refrescos, pero non eramos obesos. Se seica algún
era gordo e punto. Estabamos sempre ao aire libre, correndo e xogando.
Compartimos botellas de refrescos e ninguén se contaxio de nada. Só nos
contaxiabamos os piollos no cole. Cousa que as nosas nais arranxaban
lavándonos a cabeza con vinagre quente (ou os máis afortunados con *Orión).
E ligabamos con l@s niñ@s xogando a bico, verdade e atrevemento ou ao coello
da sorte, non nun chat dicindo memeces.
Eramos responsables das nosas accións e arreábamos coas consecuencias.
Non había ninguén para resolver iso. A idea dun pai protexéndonos, si
*trasgredíamos algunha lei, era inadmisible, se seica nos soltaban un *guantazo
ou un zapatillazo e calábasche. Tivemos liberdade, fracaso, respecto, éxito e
responsabilidade, e aprendemos a crecer con todo iso.

Ti es un deles? ¡Parabéns! Pasa isto a outros que tiveron a
sorte de crecer como nenos, antes de que todos estes *niñatos que hai agora
que se cren algo e non teñen respecto nin educación a ninguén esnaquicen o
mundo no que vivimos.

¡Un saúdo a todos!

–Sí eu pertenzo a esa xeración, e a verdade e que nunca foi unha infancia-xuventude inolvidable que non cambiria por nada–

Entry filed under: Social. Tags: .

Virtualización e Open Source Gnu/Fiwix


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android