Gnu/Fiwix

mayo 4, 2007 at 8:26 am

¿Que é o Fiwix?

O Fiwix é un núcleo de sistema operativo baseado na arquitectura UNIX e totalmente enfocado para ser compatible co núcleo Linux. Posto que está sendo deseñado e desenvolvido principalmente para uso educacional, manterase tan simple como sexa posible en beneficio dos estudantes. Funciona baixo a plataforma hardware x86 de 32 bits, e é compatible cun bo número de aplicacións GNU xa existentes.

O núcleo Linux é actualmente demasiado grande para que un estudante de informática non iniciado poida entender a súa estrutura interna e estudar como funciona. Ata mañá aínda será moito maior. Doutra banda, o núcleo Fiwix debido á súa mínima estrutura, pode ser mellor materia de estudo e xa que logo máis adecuado para a educación. Por razóns obvias este proxecto só está enfocado aos estudantes de informática e outros entusiastas en sistemas operativos que queiran coñecer máis sobre as interioridades dun sistema operativo de estilo UNIX.

Toda a información aquí.

Entry filed under: Distros, kernel. Tags: .

A xeración dos 75-85, a ultima xeración… Ubuntu xa aparece na web de Dell


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android