Internet dende Cero… por unha nova rede.

mayo 7, 2007 at 3:01 pm

Fai un tempo publicamos unha nova que falaba xa desta posibilidade, agora parece que vai en serio. A idea parecería inconcibible, ata absurda, pero moitos cren que unha estratexia de ‘borrón e conta nova’ representa o único xeito de atender verdadeiramente os desafíos de seguridade, portabilidade e outros temas que xurdiron desde que Leonard Kleinrock, un profesor da UCLA, axudou a supervisar o primeiro intercambio de texto significativo entre dúas computadoras, o 2 de setembro de 1969.

Internet ‘funciona moi ben en moitas situacións, pero foi deseñada con premisas completamente distintas’, dixo Dipankar Raychandhuri, profesor da Universidade de Rutgers, quen supervisa os proxectos de reestructuración. ‘É unha sorte de milagre que isto siga funcionando ben hoxe’, sostivo.

Agora que Internet non está limitada xa pola lentitud nas conexións ou nos procesadores das computadoras, nin polos altos costos do almacenamiento de datos, os investigadores consideran que chegou o momento de reformular a arquitectura subyacente da rede, un paso que implicaría a necesidade de reemplazar o equipo existente e de reprogramar o software para encamiñar mellor o tráfico do futuro sobre as canles dispoñibles.

Ata Vinton Cerf, un dos pais fundadores da internet, quen axudou no desenvolvemento e as técnicas para as claves de comunicacións, dixo que a iniciativa de reforma é ‘saudable en xeral’, porque a tecnoloxía actual ‘non satisfai todas as necesidades’.

Entry filed under: Noticia. Tags: .

BUM -acelera o arranque do teu Ubuntu- -Minimo- navegador web para pda’s by Mozilla.


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android