-Minimo- navegador web para pda’s by Mozilla.

mayo 7, 2007 at 3:02 pm

Minimo é a aposta da Corporación -Mozilla- para conquistar os dispositivos móbiles. Inicialmente dispoñible para a distribución Familiar Linux do sistema operativo do pingüino, converteuse no estándar para a contorna GPE (a versión para dispositivos móbiles da contorna Gnome).

Ante a súa competencia directa, o Pocket Internet Explorer de HaseCorp, Minimo proporciona ao usuario funcionalidades modernas, como navegación en pestanas e soporte para ‘feeds’ RSS, deixando de lado outras funcionalidades que non se consideran útiles para dispositivos móbiles como son o soporte para servidores FTP. As seas funcionalidades son ampliables mediante o uso de extensións.

A Web 2.0, aínda demasiado grande (en case todos os sentidos) para a maioría dos dispositivos móbiles, ten a súa oportunidade con Minimo, que ofrece soporte para tecnoloxías de nova xeración como AJAX e widgets. Desta forma, servizos como xestores de contidos, correo electrónico webmail ou redes sociais, son agora accesibles desde o noso dispositivo móbil.

Minimo está preparado para ser executado en todo tipo de dispositivos móbiles, desde handhelds ata smartphones pasando por PDA’s. Para a súa instalación podemos descargar gratuitamente desde a súa páxina web dous paquetes: un para ser instalado desde a computadora cando esta se sincroniza co dispositivo móbil, e outro para executalo e instalar Minimo directamente desde o dispositivo.

Polo momento, e pese a que se atopa en desenvolvemento dende 2004, Minimo non alcanzou aínda a versión 1.0 aínda que xa é suficientemente estable como para o seu uso habitual. A versión 0.2, a última en ser publicada este pasado 31 de marzo, está dispoñible para HaseCorp Mobile 5.0. Na web do proxecto afírmase que a versión para GNU/Linux pronto se poñerá á altura, o que podería impulsar a este navegador como alternativa a Opera ou NetFront.

O único fallo que talvez se pode achacar actualmente ao proxecto é -e con todos os respectos do equipo de desenvolvemento- a ausencia de plans para portalo a Symbian (un sistema operativo que triunfa con diferenza no sector da telefonía móbil) ou a Palm VOS, especialmente agora que este última sistema vaise a basear en Linux.

Como tecnoloxías novedosas adaptadas á contorna móbil, Minimo proporciona SSR, que consiste nunha forma de adaptar a páxina que estamos vendo á pantalla do noso dispositivo mediante o uso de follas de estilo CSS. Tamén temos o que se chama “Navegación Espacial”, e que nos permite movernos dunha forma diferente a través da páxina que estamos visualizando que a tradicional empregando o puntero ou a tecla de tabulación, o cal non é moi práctico en dispositivos como os smartphones.

Máis información aqui ou aqui.

Fonte

Entry filed under: Firefox, Noticia. Tags: .

Internet dende Cero… por unha nova rede. PhPton a nova era dos CMS


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android