Ubuntu Mobile e Ubuntu Embedded Edition

mayo 9, 2007 at 9:08 am

Os programadores Ubuntu desenvolverán unha versión móbil do seu sistema operativo en colaboración con Intel, que actualmente traballa nun novo procesador de baixo consumo e unha arquitectura chipset deseñada para permitir capacidades Internet completas sobre dispositivos móbiles, segundo unha mensaxe publicada na lista de correo de desenvolvemento de Ubuntu.

A iniciativa para ofrecer unha versión móbil e embebida de Ubuntu segue de preto un proxecto similar, presentado en abril co nome de GNOME Mobile e Embedded Initiative (GMAE) e que conta co patrocinio de Intel. O proxecto GMAE está aberto a desarrolladores, fabricantes e outros interesados no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles soportadas en compoñentes de código aberto baseados en GNOME.

Entre os principais retos a que deberán enfrontarse os desarrolladores da versión móbil de Ubuntu, que se espera sexa lanzada en outubro (xunto coa nova versión 7.10 “Gutsy Gibbon”), inclúense o deseño de interfaces gráficas e as capacidades de xestión de enerxía.

Entry filed under: Distros, Noticia, tecno-Mobil. Tags: .

Curso de Centos Linux Google crea o seu S.O. a partir de Ubuntu


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android