Indiana outra distro máis…Solaris+linux

mayo 10, 2007 at 4:54 pm

Visto en The Inquirer.

Ian Murdock, pai de Debian e desde marzo ‘Chief Operating Systems Officer’ en Sun anunciou nas conferencias JavaOne o desenvolvemento dunha nova distribución de Linux co mellor de Solaris e o mellor de Linux. O seu nome en código: Indiana.

Tal e como indican na noticia de ZDNet, o propio Murdock é dese estado, o que explica o nome dun proxecto que pretende achegar Solaris aos linuxeros, e Linux aos usuarios e clientes de Sun.

A idea é aproveitar as vantaxes tecnolóxicas de ambas solucións. Por exemplo, o intérprete de comandos ou terminal de Linux é moito máis potente que o de Solaris, e este último sistema operativo non dispón dun sistema de xestión de paquetes tan avanzado como o que Debian e Ubuntu propoñen co desenvolvemento apt-get.

Por contra, características avanzadas máis propias de grandes implantaciones como DTrace – para analizar o comportamento dun sistema e atopar pescozos de botella – e o sistema de ficheros ZFS – que din, formará parte de MacOS 10.5 Leopard – son funcionalidades que polo momento non estaban accesibles en distribucións Linux.

E é que tal e como dixo Murdock, “queremos facer de Solaris un Linux mellor que Linux “.

Entry filed under: Distros. Tags: .

Un xogo para o cerebro UbuntuStudio… xa esta aquí!!!!


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android