O proxecto Galileo con problemas

mayo 10, 2007 at 7:56 am

O sistema de navegación europeo Galieleo está quedándose sen fondos e podería necesitar unha inyección de diñeiro público se pretende alzar o voo.O ministro de transporte alemán, Wolfgang iefensee díxolle á BBC que Galileo está pasando por unha “profunda e grave crise”.

Parte do problema reside no feito de que o consorcio privado que debería encargarse desta tarefa depende doutros intereses. A Comisión Europea quería que este grupo mantivese unha estrutura única para levar a cabo o proxecto.

Lamentablemente o consorcio está formado por EADS, Thales, Inmarsat, Alcatel-Lucent Finmeccanica, AENA, Hispasat e Teleop, nin sequera poden poñerse de acordo no día da semana, non falemos xa da estrutura da empresa que gestiona o proxecto.

A comisión informoulles de que deberían publicar a estrutura o 16 de maio e fontes internas comentan que isto é tan factible como que un presidente republicano dos EEUU anuncie que cren na evolución.

A CE está ameazando con deter por completo o proxecto, aínda que existe o obstáculo de que ese consorcio debería aportar dous terzos do diñeiro necesario para este carísimo proxecto. Parece que se a CE fai algo que non lle guste ao consorcio terán que poñer eles mesmos o diñeiro sobre a mesa.

Fonte

Entry filed under: Noticia. Tags: .

Canto tes de Nerd?? Zonbu.


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android