De novo Micro$oft = FUD

mayo 15, 2007 at 7:53 am

Leo en vivalinux.com.ar o seguinte artigo:
Anunciouno Brad Smith, máximo responsable legal do xigante do software. Nunha entrevista levada a cabo pola revista Fortune, Brad Smith cuantificou en 42 as violacións de patentes nas que infringe o kernel de Linux, e 65 as que incumplen outros elementos de deseño.
Parece que a intención de Micro$oft non é a de pasar polos tribunais, senón máis ben as de “animar” ás grandes empresas que dependen de Linux a selar acordos de “colaboración” similares aos alcanzados con Novell, Samsung e Fuji Xerox.
No entanto, en Fortune cren que é tan só cuestión de tempo que Microsoft empregue ditas patentes contra algunha gran empresa que se niege a asinar o “acordo”.

*FUD = medo, incertidume e duda.
—-

Como vemos os de Redmond siguen coa sua estratexia de xerar medo ,desconfianza , inestabilidade , incertidume… nos seus competidores que usan Linux, non é a primeira vez que o fan e non sera a ultima; tratan por todolos medios de sellar acordos con estas empresas para que pasen a ser da sua orbita e así poder controlar e mesmo esnaquizar todos aqueles posibles actos ou movementos que non lle conveñan e así seguir dominando o mercado baixo a sua dictadura.
Visto o visto cabe pensar que agora son eles os que realmente teñen medo, medo de perder a sua posición de privilexio, medo de que as empresas e corporacións se cansen de pagar royalties ‘por nada’ e se pasen tamén ao sw libre ou o open source… agora son eles os que teñen medo de que as novas xeracións de xente máis prepara e con máis coñecementos informáticos non pasen polo seu aro e cambien cara a libertade ea comunidade… sí agora somos nós a comunidade do sw libre esa comunidade da que non fai moito tempo ‘tito Gates’ decia que eramos uns ‘frikis comunistas’ os que lle empezamos a mostrar os dentes o xigante, os que lle empezamos a fundir respeto polo noso número e lealtade, sí quizais agora sexamos nós os que empezamos a cambiar as reglas do xogo.

Entry filed under: Noticia. Tags: .

Papel electrónico. Non é tal Sr Ballmer…(developer’s_Man)


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android