Archive for mayo 18, 2007

Por uns servidores máis ecolóxicos…

IBM investirá anualmente 1.000 millóns de dólares para investigar formas de cambiar o mundo da computación para que sexa máis eficiente energéticamente e máis respetuosa co medio ambiente. Tamén prometeu introducir unha nova gama de produtos novos e servizos orientados a axudar aos seus clientes empresariais para que reduzan o consumo eléctrico.

O proxecto de IBM coñécese como Project Big Greeny e poderá recortar os gastos de enerxía un 42%, ademais de evitar a emisión de 7.439 toneladas anuais de dióxido de carbono en EE.UU.

Os analistas de IDC aseguran que os negocios deben preocuparse polo consumo de enerxía dos equipos informáticos, xa que aseguran que por cada dólar gastado nun compoñente ou sistema gástanse 0,5$ en enerxía. O vicepresidene de servizo tecnolóxicos de IBM, Mike Daniels, sinala que a crise energética dos centro de datos está inhibindo o crecemento dos negocios dos clientes, xa que eles buscan acceso a capacidade de procesado que non hai.

Se queres seguir lendo pincha na fonte.

mayo 18, 2007 at 8:55 pm


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« abr   jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android