Presentación de UTUTO XS 2007

mayo 21, 2007 at 5:15 pm

Logo dun ano de arduo traballo, o Proxecto Ututo ten o agrado de invitalos á presentación oficial da nova versión de GNU/Linux Ututo XS 2007 a realizarse o día luns 4 de Xuño de 2007 ás 18 hs no Centro Cultural da Cooperación “Floreal Gorini” situado en Correntes 1543 da Cidade de Bos Aires.

Xunto coa presentación da versíon do GNU/Linux Ututo XS 2007 presentarase tamén o proxecto InteractiveTV que consiste nun sistema de webtv interactiva e que complementa, como o resto dos proxectos, o desenvolvemento do sistema operativo Ututo XS.

Este evento, do cal o Grupo Informática e Sociedade do CCC é anfitrión, contará coa presenza como disertantes dos seguintes membros do equipo: Diego Saravia, Daniel Olivera, Martín Gómez Giménez, Pablo Rizzo, Marco Antonio de Hoyos e Diego Calbo; e será presentado por Vladimir Sebriano representando á unidade de Información do CCC.

O Proxecto Ututo é un proxecto social e político de desenvolvemento de tecnoloxía informática que usa en forma exclusiva Software Libre e foi creado inicialmente en Arxentina para toda Latinoamérica. Ten actualente 19 proxectos activos e mantén acordos de colaboración coa Universisdad de Ciencias Informáticas de Cuba e a Fundacion Rede Especial España.

Fonte

Entry filed under: Distros. Tags: .

Backword, tradución simple desde Firefox PCLinuxOS 2007


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android