A aposta de Dell por Gnu/Linux

mayo 22, 2007 at 9:01 am

Un recente post no blog Direct2Dell dá unha excelente perspectiva do que os usuarios poderanse atopar nestes sistemas. Un dato determinante: Dell traballará cos fabricantes para mellorar o soporte das súas solucións hardware – os drivers – en Linux.

A noticia non fai senón confirmar a aposta de Dell por Linux en xeral e por Ubuntu en particular, xa que no post fálase claramente do hardware e o software que se soportará e o que non estará dispoñible inicialmente.

Dell instalará unha versión estándar de Ubuntu nos equipos dispoñibles, e os periféricos dispoñibles serán un subconxunto dos que se ofrecen con outros sistemas operativos, pero ese subconxunto foi probado en profundidade pola xente de Dell, o que supón unha garantía de que non haberá ningún problema con eles.

A intención de Dell é a de utilizar drivers Open Source se é factible, aínda que se non existen controladores deste tipo recorrerán a controladores propietarios, e poñen como exemplo as tarxetas WiFi de Intel ou os módems de Conexant.

O post tamén sinala dous feitos importantes: inicialmente non haberá soporte para códecs multimedia propietarios, talles como MPEG-1/2/3/4, QuickTime,ou WMA/WMV, pero están evaluando o seu incorporación no futuro.

O segundo deses feitos é aínda máis relevante: Dell traballará cos fabricantes para poder impulsar o soporte mediante drivers do hardware que estes desarrolladores teñen dispoñible. O apoio de Dell pode ser clave para un apartado no que Linux sempre flaqueou, e isto supón unha das noticias máis importantes derivadas do anuncio de Dell.

Fonte

Entry filed under: Noticia. Tags: .

PCLinuxOS 2007 Interesante artigo…


Calendario

mayo 2007
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android