Falamos de xustiza,libertade,igualdade…

junio 15, 2007 at 7:50 am

Onte fixeronse 30 anos dá democracia, e mentres fedellaba co meu portatil coa escoitaba a radio e oía falar a un señor de como él en Porto do Son daba mitines nas plazoletas e falaballes os veciños de libertade, de dereitos, de igualdade, de futuro común para todos e sen rencores; comentaba de que poucos se achegaban a escoitalo e os que ian miraban para os lados non fosé que chegasen ‘os grises’ e se puxesen a repartir ‘alegría’… nese intre eu pensei o que moitos podedes pensar que é unha parvada e non digo que non sexa, ou non, ou caso e que se me veu a cabeza que algo parecido pasa co sw libre…
Nós tamen falamos de libertade, de igualdade, de xustiza, de solidaridade, e tamen non son moitos os que se atreven a achegarse para oir este discurso, dos que se achegan uns prefiren facer oidos xordos e pensar que non merece a pena loitar polo cambio e outros aínda querendo cambiar non se atreven a xogar e probar, prefiren seguir vivindo como ‘yonkis’ sedentos dun chute de piratería que lles permita sair do apuro e logo xa se vera…

Nós os que traballamos e apostamos polo sw libre, polo floss ou mesmo polo open source, do mesmo xeito que o facía o home dá radio falamos de vencer e escapar dunha ditadura, sí sí ditadura, ditadura na cal atopámonos inmersos e comezar a camiñar nunha democracía tecnoloxia que equibre os poderes e sobre todo lle dea aos usuarios a posibilidade de decidir que é ou que queren e que non. Democracia que nos permita levar a cabo unha sociedade do coñecemento (que non dá informaición) e poder espallar ese coñecemento libre de barreiras e de trabas tan absurdas como poden representar as patentes de software que só limitan o progreso, censuran e cercan as oportunidades de mellorar e avanzar a toda a sociedade polo tanto afectannos a todos.
O sistema actual esta baseado puramente na expeculación económica, na estafa o usuario pola imposibilidade ou castración dos seus dereitos de xestionar o seu capricho os recursos adquiridos…; pero esta claro, o tempo pasa e como dí o refrán non perdoa, e o tempo só nos pode levar o espertar dá xente, un espertar dá curiosidade, un espertar do cambio dá mentalidade, un espertar do respecto por nós mesmos sen medos aos atrancos, un despertar dá nosa conciencia e dá nosa forza como comunidade, un espertar que nos retorne o camiño que nunca debemos perder; e igual que pasou fai trinta anos onde ou pobo decidiu cambiar a noite polo mencer, o medo pola confianza, a repulsa pola amizade, chegara o día que a maioría non queiran voltar o ‘lado escuro’ preferiran quedar no lado dá comunidade, no lado dá igualdade, dá libertade e claro esta dás oportunidades…ese día non esta moi lonxe… que xegue antes ou despois depende de nós,ainda que sen ningunha dubida chegar,chegará.

E recorda:

Usa,aprende,comparte, e mellora!!

Saudos!

Sip pode que se me fose algo a pinza, pero que… 😛

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Anatomía do kernel -Linux- Putty portable 0.60


Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android