Beryl + Compiz = CompComm (Composite Community)

junio 20, 2007 at 7:57 am 1 comentario

En Ubuntu Life, vexo un artigo interesante sobre como instalar CompComm ainda que parece que esta nunha fase inestable, pero sempre hai atrevidos que non poden esperar… para instalalo faise usando un script chamado ‘makeccc’.

Para instalar:::

1. Descarga o script makeccc
(click dereito -> gardar enlace como) e gárdao no teu disco duro co nome ‘makeccc’.

2. Non se se é necesario ou non, pero eu mellor desinstalaría Beryl antes de nada:
sudo apt-get remove –purge beryl beryl-plugins beryl-manager

3. Abre un terminal e accede ao directorio onde descargaches o script. Dálle permisos de execución:
chmod x makeccc

4. Instalar os paquetes necesarios:
./makeccc packages

5. Descargar/actualizar Compiz/CompComm:
./makeccc clone

6. Instalalo:
./makeccc install

7. Se quixeses desinstalarlo podes facelo executando:
./makeccc uninstall

8. Configurar CompComm. Tes dúas opcións (eu uso a primeira).

Unha, executando o comando:
ccsm -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CompizConfig Settings Manager)-

A segunda, executando o comando:
ccs-settings -(ou desde Sistema -> Preferencias -> CCS Settings Manager)-

No panel do CompizConfig Settings Manager podes configurar absolutamente todos os parámetros que queiras. Están bastante ben ordenados e accesibles, seguro que te pasas un ratiño cambiando e esculcando cousas.

Xa podes ver o teu novo escritorio con CompComm funcionando. Abre un terminal e executa:

compiz-manager

¡E a gozar! Se queres que se active CompComm sempre que inicies sesión, non tes máis que engadir o comando compiz-manager como programa ao comezo (en Gnome desde Sistema -> Preferencias -> Sesións).

Moito coidado: non actives o plugin de GLib (na sección Utility) porque debe estar dando moitos problemas co xestor de preferencias.

Para + información::
Lee a nova completa en UbuntuLife .

En HacheMuda .

Web de Compiz .

Web de Beryl .

Entry filed under: Desktop 3D. Tags: .

Un GNU/Linux para a seguridade Wireless Foxmarks -sincroniza os teus marcadores-

1 comentario

  • 1. Instalar Compiz Fusion « Que che vou contar…  |  junio 26, 2007 a las 8:46 am

    […] 26th, 2007 Fai uns dias xa se falou de como instalar Compiz Fusion (CompComm = Beryl + Compiz) pero dada a aceptación dese artigo vou deixar unha recua de enlaces […]


Calendario

junio 2007
L M X J V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android