Programando o apagado do noso sistema

julio 2, 2007 at 7:46 am

Gshutdown é outra desas pequenas aplicacións que me gustan pola súa sinxeleza e versatilidade. Trátase dunha utilidade que nos permitirá programar (a unha hora determinada, logo dun período de tempo ou no momento) o apagado, reinicio ou finalización da nosa sesión, só cuns cantos clics. En principio está optimizada para Gnome aínda que teñen previsto facela compatible con KDE e XFCE. Os usuarios de Ubuntu Feisty teñen dispoñible un paquete para esta distribución coa última versión (existe unha versión anterior nos repositorios), en caso contrario haberá que recorrer ao tarball.

Fonte:: – kernelsource

Entry filed under: Programación. Tags: .

Repositorios de Google para Gnu/Linux Wine 0.9.40.


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android