Xampp = Apache+Mysql+Php+PhpAdmin -nova versión-

julio 30, 2007 at 7:58 am

Atópase dispoñible unha nova versión final e estable de XAMPP, en concreto a 1.6.3a. Unha das formas máis fáciles e rápidas de ter Apache, MySQL, PHP e phpMyAdmin na súa máquina é, sen lugar a dúbida, pasando por un paquete de instalación cómodo e automático como XAMPP.

Ofrece un -pack de instalación automática- co que poderás aloxar e servir as túas páxinas web desde a túa máquina en local.

Ademais, XAMPP ofrece unha colección de librerías e outras aplicacións de gran utilidade para o manexo e administración dunha páxina web, xunto a todas as dependencias que resultan imprescindibles.
Inclúe, entre outras utilidades, PHP – PEAR, SQLite, Perl, ProFTPD, OpenSSL, GD, Freetype2, libjpeg, libpng, zlib, Ming, Webalizer, mod_perl, eAccelerator e phpSQLiteAdmin.Ademais, inclúe Apache 2 e as últimas versións de MySQL e PHP, todo isto nun asistente que automatizará todo o proceso de instalación.

Web do proxecto e enlaces de descarga: XAMPP

Para máis información: aquí.

Fonte:-fentlinux

Entry filed under: Bases de Datos, mundo web. Tags: .

Editar video en Gnu/Linux con Avidemux… DVD Flick


Calendario

julio 2007
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android