DVDisaster recupera os datos dos teus DVD’s-CD’s

agosto 10, 2007 at 7:40 am

Leo en ubuntips o seguinte sobre este programa::

DVDisaster é unha utilidade con licenza GNU que é compatible con calquera sistema operativo. Proporciona unha certa marxe de seguridade contra as perdas de información almacenada en CD’s ou DVD’s, xa sexa polo envellecemento ou pola deterioración física do soporte.Por suposto o programa non fai milagres, pero é unha utilidade que xa engadín á miña colección de ferramentas de administración.

O programa crea uns datos de corrección de erros, para compensar os erros que non pode corrixir a unidade de CD/DVD, mellorando así as probabilidades de recuperar un arquivo danado. Pero como veremos, esta non é a única utilidade desta opción. Para lograr o seu labor o programa intenta ler tanta información como é posible do soporte danando. Posteriormente, os sectores que non son legibles, recupéranse mediante o arquivo de corrección de erros que se xerou anteriormente. O usuario pode seleccionar a capacidade máxima de corrección de erros que desexa utilizar con determinado soporte.Outro dato a ter en conta, é que este programa funciona a nivel de imaxe, polo que non depende do sistema de arquivos que puidese ter o soporte.

(Ollo!) Se se ten un disco con información valiosa, a mellor opción é crear un arquivo de corrección de erros por anticipado e gardalo nun lugar seguro. Desta forma teranse as máximas probabilidades de recuperar a información contida no soporte, se nalgunha ocasión dános erros. O seguinte sería gravar a iso resultante nun novo soporte.

Polo tanto, este programa tamén nos permite realizar -accións preventivas- contra a perda de información, algo en grao sumo interesante.

Os usuarios de Ubuntu temos a posibilidade de instalar este programa directamente dos repositorios. así que o podemos facer facilmente mediante Synaptic ou con apt-get.

Web de DVDisaster.

Tamén tes máis información en kriptopolis.

Entry filed under: Rescate sistema, Seguridade. Tags: .

A (in)seguridade dos coches chinos. Mellorando o rendimento do teu sistema


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android