Mellorando o rendimento do teu sistema

agosto 10, 2007 at 9:51 am 1 comentario

Lendo na bitácora do profesor Ricardo Galli (creador do mename.net) atoparás unha nova que indica como mellorar o rendemento do teu sistema desactivando as opcións ‘atime‘ e ‘diratime‘ .

O Sr.Galli danos unha breve explicación::

“Seguindo o deseño orixinal de Unix, para cada ficheiro almacénanse unha serie de -metadatos-, entre eles a data de creación/modificación ->mtime, modificación do inodo ->ctime, e tamén a data de último acceso -> atime. Iso significa que aínda que se acceda a un ficheiro para só lectura xérase unha escritura ao disco para actualizar a hora de acceso ten precisión dun segundo. Isto ocorre aínda que o contido do ficheiro estea completamente no pagecache, o que o fai aínda máis ridículo.

O noatime -> indica que non se actualice a hora de acceso a un ficheiro. nodiratime -> é similar pero para accesos a directorios (por exemplo cando se busca un ficheiro polo seu nome).

¿Por que se segue usando? Sobre todo por razóns históricas e porque uns poucos programas de correo, ‘creo que tamén o mutt‘ úsano para verificar se chegaron un correo novo. Xa non ten nin sentido para isto, porque o Linux ten interfaces máis adecuadas para iso, por exemplo o inotify, que notifican aos programas cando se modifica un ficheiro ou directorio.”

E tamén nos indica como debemos de proceder::

Agregar as opcións “noatime,nodiratime” no /etc/fstab.
/dev/sda1 / ext3 defaults,noatime,nodiratime,errors=remount-ro 0 1

Para non reiniciar o ordenador ou o servidor:
mount -o remount,noatime,nodiratime /

E como se indica nos comentarios que hai seguindo a nova, isto pode axudar a aforrar baterías dos nosos portátiles e porque non ata a vida do disco duro que ó ter menos accesos terá menos carga de traballo prolongando a súa vida de uso.

Nova orixinal aquí.

Entry filed under: Hack. Tags: .

DVDisaster recupera os datos dos teus DVD’s-CD’s OpenSDE:: Crea a túa propia distro GNU/Linux

1 comentario


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android