Cambiar idioma do Swiftfox

agosto 20, 2007 at 7:33 am 4 comentarios

Xa falamos nalgunha ocasión sobre Swiftfox (navegador firefox optimizado para GNU/Linux) que cando o instalamos por defecto instalase en inglés; pois ben, se queres poñelo en castelán (para o galego non encontrei o paquete¿?) podes facer o seguinte::

Abrir o navegador e poñer na barra de direccións do Swiftfox:: about:config

Logo buscas a seguinte liña:: general.useragent.locale e sustituimos en-EN por es-ES

Por ultimo baixaste desta web o paquete de idioma co nome es-ES.xpi , e instalase a modo de extensión de firefox abrindose a fiestra de descarga e instalación.

E xa para rematar reiniciar o Swiftfox, o cal se todo saiu ben debería de estar xa en castelán.

Seguieri buscando haber se hai o paquete para o Galego, hoxe como xa dixen non o atopei.

Tamén probei a cambiar o idioma da seguinte forma.

Saude!

—–Actualización!!!—–

O amigo meisok aforroume traballo e tempo fedellando pola rede, dado que como veredes nos comentarios indica onde podemos mirar para poñer en galego o noso navegador Swiftfox…

Primeiro indicanos que podemos mirar en::

http://galician.mozdev.org/

En segundo lugar apuntanos que na web de mancomun.org esta a tradución ao galego para Firefox que claramente vale para Swiftfox, nesta web vas encontrar todos os pasos necesarios para facer a tradución dado que basicacmente son os mesmos que indicamos ao principio deste -post- só que neste caso o paquete chamase gl-ES.xpi.

Nota:: Xa probei poñer o Swiftfox en Galego, e funciona perfectamente!! primeiro descarguei o paquete indicado, logo cambiei dentro do abou:config es-ES por gl-ES e xa para terminar arrastrei o paquete hacía dentro do navegador abrindose asi unha fiestra de instalación. Reinicias o Swiftfox e Feito xa esta en Galego!!!

Grazas de novo meisok!!

Entry filed under: Firefox. Tags: .

Hai cousas que importan máis que Gnu/Linux AcentoISO-2 para manexar imaxes

4 comentarios

  • 1. meisok  |  agosto 20, 2007 a las 2:45 pm

    Hola Tonio, proba a buscar nesta paxina(seguro que xa a revisaras, pero por si acaso..)

    http://galician.mozdev.org/

    Saudos 😉

  • 2. meisok  |  agosto 20, 2007 a las 2:53 pm

    Tes a traduccion para Firefox 2 (que vale pra Swiftfox), aqui:

    http://www.mancomun.org/

    Saudos

  • 3. toniocastro  |  agosto 20, 2007 a las 4:04 pm

    Grazas meisok!! pois a verdade e que non entrara na web que me indicas, co teu permiso vou actualizar a nova indicando os teus apuntes…

  • 4. meisok  |  agosto 21, 2007 a las 11:03 am

    Todo teu! 😉
    Gracias a ti pola difusion que fas do software libre no noso idioma.

    Saudos


Calendario

agosto 2007
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android