GCompris 8.4 -para nenos de entre 2 a 10 anos-

septiembre 10, 2007 at 8:09 am 2 comentarios

GCompris é un programa de cómputo educacional con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos de idade. Algunhas actividades son como xogos, pero sempre son educacionales. Atoparás algunhas actividades dentro dos seguintes temas:

– Descubrindo a computadora: teclado, rato, diferentes movementos do rato, …

– Alxebra: táboa de memoria, enumeración, táboa de dobre entrada (balance), imaxe espello, …

– Ciencia: A canle, O ciclo da auga, O submarino, … – Xeografía: Coloca os países no mapa.

– Xogos: xadrez, memoria, …

– Lectura: práctica de lectura

– Outros: Aprende a dicir a hora, Crebacabezas de pinturas famosas, debuxos por vectores, …

En total, GCompris comprende mais de 50 actividades e evoluciona constantemente. GCompris é Software Libre, polo tanto tes a posibilidade de adaptalo ás túas necesidades, ou de melloralo, e porque non, de compartir o teu traballo con nenos de todo o mundo.

 Visto gracias a:: –fentlinux

Entry filed under: Ciencia. Tags: .

Ciencia e medio ambiente Devede 3.1

2 comentarios

  • 1. María Rodríguez  |  septiembre 10, 2007 a las 10:17 am

    Hi!!!!!!!!!!!!!! Como me gusta a mezcla de nenos e informática…. e intuio q a ti tamén, jeje. Só era pa saudarte e a ver cando é esa cena polas terras ourensanas.

    Bikiños e a currar moito😉

  • 2. toniocastro  |  septiembre 10, 2007 a las 10:58 am

    Holaaaa Maria!!!!! Grazas a verdade e que me pareceu moi interesante esta aplicación, facer que os nenos aprendan cousas de forma divertida (é a mellor forma de aprender non si).

    Pois a cea cando queirades, pero haberá que ver cando volta Irene de Alemaña.

    Xa falamos!!

    Bicos!!!!! Saude…!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Calendario

septiembre 2007
L M X J V S D
« Ago   Oct »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android