WinFF para converter videos

octubre 3, 2007 at 7:55 am

Imaxina que che acabas de baixar un vídeo de Youtube e quérelo converter a .avi (ainda que mellor sería facelo a .ogg) para velo no teu PC, ou quen di .avi pois .3gp para velo no teu movil ou pasalo a DVD ou ata convertelo nun formato adecuado para poder visualizalo no teu ipod. Se tes ffmpeg instalado no teu maquina, só tes que abrir unha terminal, escribir o comando de conversion correspondente e voila! xa tes o vídeo. pero xa sabes que pesado ás veces é recordar os parametros dun comando. WinFF é un front-end para ffmpeg (é dicir unha aplicacion grafica para facilitarse o uso deste programa e non teñas que recordar listas e listas de parametros). Con WinFF unicamente tes que engadir o vídeo que queres converter, indicar o formato de saída que queres obter e esperar. Sinxelo, verdade?. Esta dispoñible tanto para Linux como para Win2. En ubuntu unicamente tes que descargar o .deb co paquete e unha vez no escritorio, executar dobre click para instalalo😀.

Para descargalo pica aquí.

**Nota:: Quizais a esta aplicación faltalle a posibilidade de converter os videos ao formato .ogg, esperemos que nun futuro as novas versións o incluian.

Fonte::-ubuntuLife

Entry filed under: Video. Tags: .

Tuxfinder, buscador de paquetes para linux Vamos dar unha volta polo MNCN


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android