Por qué non triunfa Gnu/Linux

octubre 8, 2007 at 10:35 am

Fedellando en meneane.net atopei esta bitácora na que expoñen unha serie de razóns polas cais Gnu/Linux sigue a remolque de outros sistemas operativos privativos e en certa medida menos evolucionados. Podese estar de acordo co que se comenta en dita bitácora ou pode que non, en calquera caso é unha reflexión interesante para leer.

Ao final fai un resumo no que indica os seguites puntos:

1. Escasa demanda: Os fabricantes de computadores non se atreven a lanzar ofertas por que seguen pensado que o software libre é cousa de iniciados. Segue viva a lenda urbana de que Linux é para tekkies.

2. Falta de estándares: Windows hai un, mentres que enfronte hai máis de 100 distribucións ou sabores de Linux. Isto dificulta os procesos de produción da industria.

3. Microsoft sempre en mente: Os empregados, que maioritariamente han «mamado» Windows, seguen demandándoo cando cambian de traballo ou compran un computador.

4. A canle non prescribe: A rede de vendas de Microsoft en España supera as 10.000 empresas, mentres que as principais distribucións de Linux só teñen a varios centos de colaboradores.

5. Soporte hardware: Aínda que se avanzou moito, aínda quedan aspectos por limar. Pódese dicir que hoxe segue custando sacar todo o partido aos compo- nentes do PC cunha distribución Linux no seu interior.

6. Falta de investimento: Se non hai vendas, non hai fondos de mercadotecnia para promocionar configuracións con sistemas alternativos a Microsoft, e, ao revés: se non hai investimento, non hai vendas que a xustifiquen.

7. Multimedia: O universo de xogos adaptado a Linux é infinitamente menor que o dispoñible para outros sistemas operativos. Isto inhibe aos máis novos.

Interesante sen dubida.

Entry filed under: Noticia. Tags: .

Puppy Linux 3.0 Xogos educativos de ciencia


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android