Un pensamento…

octubre 11, 2007 at 3:17 pm 6 comentarios

Tiña pensado escribir un ‘post’ da frustración que sinten algunhas persoas que queren migrar a un sistema Gnu/Linux e que veñen adoctrinadas dun sistema cunha soa liña de traballo que te evade de todo o que hai por detras da interfaz de usuario, deixando como único nexo entre ti e a maquina o archi-coñecido botón de -seguinte-seguinte-seguinte… pero fruto da casualidade encontrei un blog dun individuo que relata con todo detalle esa frustración antes mencionada; é de notar que o redactor desa bitácora é como se indicuou un usuario habitual de HaseFroch e que o paso a Gnu/Linux non lle resulta doado.

Sin embargo esto tamén me sirve para acentuar a miña crítica sempre constructiva ao sistema do Ñu e do pingüin que ainda que ben é certo que se esta avanzando a pasos axigantados hacía unha interface cento por cento amigable cun sistema de instalación máis amable e sinxelo, ainda quedan pasos por dar; o terminal foi e é unha potente ferramenta de traballo pero o meu modo de ver hai que xerar outras ferramentas que poñan ao pe da xente da rúa a posibilidade de interactuar co sistema de modo gráfico e simple, preocupandose só de usar a aplicación a instalar e non da instalación en si. Seguramente certos ‘puristas’ de linux non estarán de acordo e defenderan o uso da terminal a mais non poder, pero a realidade e que se se quere impulsar un cambio dun sistema privativo a un libre debemos de dar todas as facilidades posibles e logo que sexa o usuario quen escolla o camiño que quere seguir, tamén se debe explicar non só a forma de traballar co sistema se non que é necesario que entenda o movemento filosófico que existe detras, hai que abrirlle as portas a un cambio de mentalidade pero para iso é necesario que perda o medo a sentarse diante dun ordenador cun sistema operativo distinto no que foi amamantado.

Un punto importante neste senso é a publicidade, vaiamos a onde vaiamos poderemos encontrar propaganda do sistema operativo de Redmond, da o mesmo se é bo ou se é unha ‘pataca nunha caixa’ o caso e que de tanto velo, de tanto oir falar del, termina entrando polos ollos e parece que é a única solución para usar o noso ordenador. Por iso é necesario que as distintas distros Gnu/Linux -Fedora, Ubuntu, OpenSuse, Mandriva,…- pasen a ser coñecidas pola maioria dos usuarios de computadores abrindo desta forma a primeira porta ao cambio. -Se algo non se coñece é como se non existise-.

Da mesma forma é imprescindible que a educación das xeracións futuras se faga sobre un sistema libre e non sobre un sistema privativo, no momento actual os colexios, os instituos e as facultades estan a facer de avogados do diaño enfocando aos seus alumnos no uso dun sistema que pertence a unha empresa privada; en troques disto os colexios, institutos, facultades deberían de ser os catalizadores que ‘adoctrinasen’ a eses alumnos no uso de sistemas libres, na idea de fomentar e pertencer a unha comunidade que xenera e comparte coñecemento.

Ninguén posue a verdade absoluta, pola miña parte seguirei usando felizmente tanto Ubuntu como Fedora, pero debemos de seguir camiñando para que todo aquel que queira saltar de bando o poida facer sen medo e sen atrancos.

Saudos e perdoade tanta divagación, debe de ser que ultimamente vexo moitas peliculas arxentinas😉

Veña preparadevos que se acaba o S.Froilan e hai que despedilo a toda maquina!!!!

Saude!

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Novos libros -Seguridade e Firewalls- SuperGrub Disk -0.9642-

6 comentarios

  • 1. Víctor  |  octubre 14, 2007 a las 5:36 pm

    Chuzada!!

    Un gran pensamento, e con moita razón. Estou de acordo contigo, aínda que os pasos que se están a dar nos últimos tempos hacia o achegamento de Linux á xente de a pe son moi destacables, aínda queda moito que andar. Para un usuario medio de Windows sen coñecementos informáticos, segue a ser unha odisea pasarse a Ubuntu, aínda coas facilidades que este presenta, posto que ante a mínima dificultade ou o mínimo problema todo se vai a pique, posto que esa persoa quere o ordenador para conseguir un fin, e se Ubuntu é máis un atranco ca unha axuda, deixará de usalo.

    De un usuario de Ubuntu dende hai case un ano que loita gustósamente contra eses pequenos atrancos que ten a xente da rúa.

  • 2. toniocastro  |  octubre 15, 2007 a las 7:16 am

    Grazas Victor!!! por decir que é un bo pensamento (de verdade o é??) jejeeee… sí e como ben dis temos que camiñar máis ainda co camiño andado non desmereza nada…

    Saudos meu!!!! e Saude!

  • 3. pentamaster  |  octubre 15, 2007 a las 10:02 am

    Eu levo tempo desexando dar o paso, primeiro no meu portátil e logo nos ordenadores do chollo.

    Como usuario medio vexo dous inconvintes moi destacables:

    1º.- Incompatibilidades de hardware. Se cambio a Ubuntu e logo non me recoñece unha impresora ou un pen-drive, por exemplo, vou ter que formatear.

    2º.- Incompatibilidade de arquivos. Se teño 3 Gb de arquivos Corel Draw e non os pode ler con Scribus ou calqueira outro programa de deseño vectorial. Que vou facer…? Formatear e voltar a Windows.

    3º.- Os malditos xogos. Millóns de rapaces non instalarán Linux se non poden xogar ao World of Warcraft ou ao Quake, por pór un exemplo.

    4º.- Derivado do arriba exposto: Pode que haxa solucións a algún dos puntos enumerados, pero a inmensa maioría non os coñece. Como ven dís, o que non se coñece non existe.

    Se eses dous problemas se solucionan, moitos accederán a empregar GNU/Linux, namentres será un software para especialistas ou aficionados con tempo.

  • 4. toniocastro  |  octubre 15, 2007 a las 10:19 am

    Boas pentamaster!! Non desesperes Gnu/Linux duns anos para aquí experimentou unha evolución que asusta o mesmo mostro de Redmond por iso o esta a descalificar actualmente dunha forma case obsesiva.

    O primeiro punto solucionariase de raiz se os fabricantes do hw pensaran en desenrrolar drivers para Gnu/Linux. Aquí axudara como digo no post a LSB eo Linux Driver Mannager.

    No segundo punto é jodido pois son archivos con extensións propietarias que díficilmente poden ler outras apliacións, de todas formas podes instalar Corel Draw facendo uso de Wine, nonsi… a verdade e que nunca probei.

    O terceiro punto, tamén é outra criba pero pouco a pouco vaise gañando terreno de feito xa existe un pequeno mercado de xogos para Gnu/Linux, mercado que por outra banda non deixa de medrar… tempo ao tempo.

    En todo caso podes facer uso da virtualización, podes montar unha maquina virtual con virtualBox por exemplo e probar dende windows como che funcionaría Ubuntu, Fedora, Mandriva,… e que problemas terias e cales non. É unha forma de empezar a xogar sobre un terreo real. Por outra banda tamén podes usar a virtualización pero neste caso dende Gnu/Linux para virtualizar un sistema windows e usar nel as aplicacións que che fixeran falta e non atopases para Gnu/Linux. Claro xa sei,… para virtualizar fai falla algo máis de potencia pero bueno o futuro vai por ese camiño, nonsi…

  • 5. pentamaster  |  octubre 17, 2007 a las 11:46 am

    Moitas grazas por esas conlusións. Cada vez teño máis razóns para lanzarme á aventura de liberar os meus ordenadores. Sobre o Wine algo xa lín e paréceme unha opción interesante.

    A este respecto, cando se fala de instalalo, entendo que no Ubuntu xa está integrado e só hai que activalo, non si?

    Probarei unha virtualización do Ubuntu no portátil a ver que pasa. Novamente grazas, no meu concello e arredores estamos tentando impulsar un colectivo que anime á difusión do software libre, veremos se acadamos algo.

  • 6. toniocastro  |  octubre 17, 2007 a las 2:18 pm

    O importante é que a migración se faga con tranquilidade e pasiño a pasiño, hai que adaptar moitas cousas e iso sempre xenera ”problemas”, non hai que lanzarse ó tolo porque logo xeneranse falsas expectativas e grandes desilusións.

    Con respecto a creación dun colectivo que promova o sw libre, animo, xa somos moitos os que en Galiza estamos a difundir esta filosofia e podoche asegurar que hai momentos máis que gratificantes.

    Animo de novo!!! seguro que calquera glug esta disposto a tirarvos un cable se vos fixera falta.
    Saudos amigo


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android