Unha de cal e unha de area…

octubre 15, 2007 at 8:25 am

Lendo a web de fenlinux podese ver un post no que se afirma por parte do executivo xefe de Dell que a súa empresa era testemuña de que “a adopción de Linux en servidores continúa crecendo a bo ritmo e máis rápido que con sistemas Windows. Estamos vendo movemento en aplicacións críticas e a migración a Linux non diminuíu” e da mesma forma tamén se indica por parte de Mark Jarvis, responsable de marketing en Dell añadiu que “non esperaban grandes ventas dos seus PC,s Linux domésticos, pero sí na gama de servidores reiterando o seu continuo crecemento”.

Ata de aquí todo caralludo!!! parece que Gnu/Linux sigue a súa expansión… pero o topetazo leveino ao entrar na web elladodelmal onde facendo uso de ‘NetCraf‘ afirman que o reinado do servidor Apache esta en declive tendo actualmente un 50.48 por cento moi lonxe de aquel case 80 por cento que tiña en Xullo do 2005. A verdade e que me preocupa esta caida de Apache en tanto en canto o servidor do monstro de Redmond sigue escalando posicións; por un lado esta caida pode estar causada porque IIS ganou en estabilidade e seguridade ou pode ser a que os responsables de Apache se durmisen na pampa e descoidasen a evolución do que foi (e ainda quere ser) o mellor servidor web… en todo caso o certo e que hai que pegarlle outro empuxón ao servidor Http Apache para non perder un terreno gañado fai tempo.

Entry filed under: Noticia, Servidores. Tags: .

SuperGrub Disk -0.9642- Geubuntu e Elbuntu, o Ubuntu 7.04 con Enlightenment 17


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android