Botellón…ou non botellón…!!

octubre 16, 2007 at 3:01 pm 2 comentarios

Mira que se escoita falar estes dias do botellón, que se os direxentes das cidades se xuntan para afrontar o ‘problema’, que se Orozco invita aos pais a ir ao botellón ver os rapaces bebendo, que se caceroladas en Coruña… ‘la ostia’ menudo follón!!

Pero que pasa realmente co botellón?? uns pensan que o botellón é unha merda outros un fenomeno social e os máis tendentes a escuras tramas poden pensar que é un complot das industrias alcohólicas para crear futuros consumidores adictos permisivos cunha sociedade basada nunha cultura de inxerir alcohol.

Pois ben, nin unha cousa nin outra… ou o mellor todas. Ainda que xa me esta pasando o sol por diante da porta, non son demasiado vello como para non ir (e mentiria se digo que non fun) a algún botellón, pero disto xa fai uns anos.

Podes pensar que o botellón é unha merda, se só nos fixamos no pseudo-deporte que cada noite de venres e sábado se leva acabo nestas reunións, e de igual maneira que pola tarde quedas cos vellos colegas do instituto para xogar unha paxanga de futbito, a noite quedas para inxerir alcohol como se o mesmo demo te obrigase a dita inxesta; e claro, logo así vai a xentiña…

Pero claro, din que non hai causa sin efecto ou efecto sin causa, así por algún motivo a xente sae beber a rúa, nonsi?? Pois probablemente unha destas causas sexa a estafa que os chamados ‘pubs’ fan cada noite cos seus clientes, porque xa me diredes se é de recibo que che endosen cinco,seis ou mesmo oito euros por unha copa; canto mais en moitos sitios (ainda que todos digan que non) o que che dan non dista moito dos mataratas industriais.

Así que veña a xente a rúa, que é máis barato e sabes o que bebes… si si, non é tan fácil a cousa. Porque a túa libertade de beber na rúa non pode privar da libertade de outras persoas de descansar dentro dos seus fogares (e moito menos co precio das hipotecas actuais😦 ) así que, beber na rúa ¿pero en donde?. Pois home, se as autoridades en lugar de facer xuntanzas para encher o bandullo e mirar uns para os outros pensando que cada quen é o máis listo, poderían pensar en solventar o problema de maneira efectiva e real. Penso eu que non custa tanto habilitar un sitio vixiado e acondicionado xa sexa nas aforas das cidades, en poligonos industriais que parece que nunca serán máis ca un sinfin de ruas sen naves pero con farolas, en aparcamentos abertos,…, para que a xuventude se reuna e poida facer o seu botellón en libertade e con todo o ruido que queiran. (Digo eu que se quixeran ben o podian facer e moito máis despois do desfalco que esta a supoñer a maldita cidade da in-cultura para as arcas galegas, pero este será outro ‘post’), non crees…

Claro que con isto non se soluciona a papeleta pois, a xente seguira bebendo a esgalla como pseudo-deporte nocturno para buscar unha diversión ficticia e confusa; polo tanto haberá que informar por activa, por pasiva, de canto e de atraves aos rapaces dos problemas que causa o abuso de alcohol no seu corpo, e sobre todo haberá que xenerar alternativas atractivas do tipo que sexan para que os rapaces troquen o camiño da borracheira semanal por outro máis ludico, interesante e proveitoso.

E como digo eu… ninguén posue a verdade absoluta, isto non deixa de ser outra cousa que unha reflexión sita entre o alboroto interno producto da cafeina e o desexo dir tirar unha sesta.

Saudos e Saude!!!

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Como funciona a enerxia solar -Video- A economía eo sw libre

2 comentarios

  • 1. Ro  |  octubre 17, 2007 a las 7:34 am

    Estou bastante dacordo ca túa reflexión, pero como aínda é cedo para empezar a traballar propoño seguir reflexionando sobre o tema.
    Un tema que penso non tratache, é a importancia que ten que esas inxestas tan abusivas, se produzan cada vez mais, a idades como os 14, 13, 12 e incluso 11anos!!! Ahí a importancia do papel das familias, que deben marcar uns límites nos rapaces sen dubidalo. Moitas veces se delegan competencias nas administracións que penso deben asumir en primeira instancia as familias e tamén as institucións educativas. É un problema de todos e para todos, todos temos algún grado de culpabilidade e todos, en maior ou menor medida, sofrimos as consecuencias do fenomeno.
    Penso que non é algo que se deba eliminar, pero si regular, para que as consecuencias negativas que se derivan deste acto se minimicen ó máximo.

    Ahora si toca poñerse a traballar……..un biquiño

  • 2. toniocastro  |  octubre 17, 2007 a las 7:41 am

    Boas Ro!! Estou completamente de acordo coa túa reflexión, o tema de que cada vez sexan máis novos os rapaces que consumen alcohol como pseudo-deporte é moi preocupante e sobre todo estou de acordo en que por un lado hai que regular e por outro educar empezando nas casas e terminando nos centros de ensino.

    Saude!!!


Calendario

octubre 2007
L M X J V S D
« Sep   Nov »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android