Lanzado Fedora 8

noviembre 8, 2007 at 4:31 pm

Hoxe Xoves 8 de Novembro foi lanzado o novo sistema operativo libre basado en linux Fedora 8Chegando ao Infinito

Para descargalo pica no seguinte – enlace -.

Wiki de Fedora aquí.

Documentación de Fedora.

Nota persoal:: Habitualmente son bastante crítico ca escasa publicidade que se fai dende o mundo Gnu/Linux para chegar a xente da rúa, e neste caso non vou ser menos; son crítico porque penso que se podían facer mellor as cousas (deixo claro que só crítico aquelo polo que me preocupo, a crítica constructiva axuda a mellorar).

Non fai moito tempo HaseCorp sacou ao mercado o seu novo sistema operativo e cansamonos de ver por todas partes publicidade e información sobre dito lanzamento, nos Hipermercados, nas tendas de informática, nos buzóns da publicidade e ata na televisión se daba a coñecer este lanzamento e claro iso leva a que ata os máis alleos ao mundo da informática coñezan este sistema… Sin embargo no mundo Linux case sempre (Ubuntu quere empezar a ser unha excepción pero ainda ten camiño por recorrer) pasa o contrario, aquí non se anuncia nada. Entendo que os medios económicos son moito menores cos que posue a empresa de Redmond pero se non se buscan novas formulas para dar a coñecer os novos productos que se ofertan dende este lado da barreira estaremos sempre enclaustrados a chegar e polo tanto a ser usados por unha minoria – O que non se coñece e como si non existira– e iso gustenos ou non é certo.

Hoxe saiu ao campo de xogo ‘Fedora 8’, ¿e canta xente o sabe?¿donde foi anunciado exceptuando a súa web e algún que outro foro?¿produxose algún tipo de rebunbio ou axitación?… preguntome todo isto porque Fedora é unha das chamadas ‘grandes distros’ xunto con Mandriva, Suse e Ubuntu sen olvidarnos da universal Debian; que unha das grandes distros saia a rúa sen facer escandalo nin ruido a verdade e que me preocupa. “Hai que gritar máis forte para que nos oiga máis xente

Entry filed under: Distros. Tags: .

Documental- Dos castros as áreas Metropolitanas- Non che vai rapido internet con Gutsy Gibbon…


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android