Que difícil é explicar o mundo da informática!!!

noviembre 23, 2007 at 5:53 pm 1 comentario

A veces hai momentos en que as situacións da vida parecen solaparse por causa de algún extraño algoritmo baseado en varibles tales como -circunstancia-lugar-tempo-traballo-persoas e coñecementos.

No post anterior falaba da incomprensión que sufren ou sufrimos os que nun bo día decidimos dedicarnos a isto do desenrrolo de sw, pero ata agora non sentira en min mesmo a frustración de ver que por moito que te esforces e por moito que queiras avanzar non sempre e visto polo resto das persoas que tes o teu redor, e se estas persoas son nulas dentro do mundo informático pois moito peor o tes.

Onte no lugar onde traballo houbo unha reunión (das escasas que hai) para marcar ‘hitos’ de traballo, ver o camiño recorrido e buscar solucións a posibles inconvintes; cando todo empeza parece ser moi fácil pero logo sempre sempre se torcen as cousas, querer explicar que para desenrrolar sw é necesario un tempo para o anilise de requisitos e metodoloxia a seguir, para o estudio das tecnoloxias a empregar, do hw a usar, que é necesario facer probas sobre o sistema terminado e durante o desenvolvemento do mesmo…etc… é materia imposible cando quen te escoita quedou anclado no pasado e de supeto quere recuperar o tempo perdido a base de ‘ideas xeniais’ que de golpe e porrazo van solucionar os problemas. Quedoume demostrado que é imposible facer comprender que as cousas non se fan soas, que da o mesmo a tecnolixa que uses python, php, ruby on raills, .net, asp, java, jsp, mysql, sql-server,………….., o mesmo da pois sempre lle hai que dedicar un tempo para estudiala, ver os novos avances e solucións que aporta, mirar ‘pros’ e ‘contras’ para logo non ter andar unha e outra vez o camiño.

Hoxe vendese en moitas ocasións fume, moitos comerciais na maioria dos casos non teñen nin idea do que estan a falar, deben ter unha especie de chip corrupto que lles obriga a asentir continuamente cos desexos do cliente por irreais ou desvaraxustados que estes poidan ser, logo o seguinte paso é fácil…”chegar a xunto do programador e pasarlle o problema…” ainda que vendese un imposible, parecen entender que o seu traballo centrase en vender como sexa que serán outros os que apandan co marrón. E case que moito peor é cando son eles os que dentro da súa nula sabiduría informática lle aportan a solución ‘milagre’ ao cliente, buuuf que medo!

Teño que aclarar moitas cousas na miña cabeza, pero penso que estou chegando a un punto de inflexión onde probablemente sexa necesario cambiar de aires… hai moitas saidas, moitas solucións a un mesmo problema o importante e escoller a máis axeitada; o que esta claro e que non sempre o presente é mellor co futuro… se é preciso arriesgar pois arriesgaremos, pois esta claro que vai ser iso moito mellor que seguir bailando ao ritmo duns trovadores de moita labia e pouco feito.

O futuro é de quen o busca…

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Enxenieiros infomáticos e calidade de vida… mala relación :-( Correndo .Net e Web Services en Gnu/Linux

1 comentario

  • 1. Víctor  |  noviembre 23, 2007 a las 10:39 pm

    Canta razón tes!!! Esixencia é a gran recompensa dun desenvolvedor sen ter en conta o fondo e dificultade do traballo.

    En canto á última frase. É perfecta, o futuro é de quen o busca e como ben dis, ás veces hai que arriscar e buscar novas metas.

    Sexa como sexa, moito ánimo e moita sorte.
    Saúdos.


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android