Instalar gOS en UBUNTU

noviembre 29, 2007 at 9:05 am

Dado que non teño tempo a nada, a opción de xogar co(s) meu(s) Ubuntu(s) (Xubuntu 7.04, Ubuntu7.10, Ubuntu 6.10) reducese ao que podo leer en outras bitácoras e nun ratiño que teño libre pois probar a poñelo en práctica.

Hoxe é un deses dias que teño que buscar un momento e probar a xogar con gOS dado que como reza o titulo da entrada é posible instalalo en Ubuntu.

Que como facelo?? Ben, lendo a bitácora de -Ubuntips- indican os pasos a seguir…

O proceso é bastante sinxelo, só temos que instalar o paquete greenos-desktop.

Para facelo imos abrir unha Terminal e editar o noso sources.list para agregar o repositorio:

sudo gedit /etc/apt/sources.list

Unha vez aberto Gedit inserimos ao final do arquivo as seguintes 2 liñas:

deb http://packages.thinkgos.com/gos/ painful main

deb-src http://packages.thinkgos.com/gos/ painful main

Gardamos e pechamos Gedit.

Agora ingresamos a chave do repositorio para que non nos de erro e actualizamos: wget

http://www.thinkgos.com/files/gos_repo_key.asc

sudo apt-key add gos_repo_key.asc

rm gos_repo_key.asc

sudo aptitude update

Agora só queda pendente a instalación, así que procedemos a facela con:

sudo aptitude install greenos-desktop

Para probalo, temos que pechar a sesión e cando se nos presenta a pantalla de logueo, abaixo á esquerda usamos o botón Opcións para abrir unha sesión en Enlightenment.. Dicímoslle que o imos a facer só por esta vez, e listo. Se che gusta a próxima vez que ingreses a gOS podes facer que sexa a túa sesión predeterminada. Se non che gusta, só abre unha terminal e escribe:

sudo aptitude remove greenos-desktop para desinstalarlo sen problemas

Rematado!!

Grazas a:: –Ubuntips

Entry filed under: Distros, Escritorio. Tags: .

Instalar un Sandbox Sidebar en Ubuntu


Calendario

noviembre 2007
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android