Odisea DNI

diciembre 7, 2007 at 8:13 am

Entrados no século XXI pretender sacar o DNI na miña cidade é unha experiencia propia de fai 50 anos. No tempo das novas tecnoloxías, do sms, de internet (olvidemonos da fenda dixital neste caso,vale) ou de algo tan común como o teléfono resulta que para sacar vez hai que facer cola na rúa, como se fosemos unha recua de ovellas ovedientes e agradecidas porque un funcionario nos da un maldito papeliño que nos emplaza… para dentro de duas horas!!! Chova, faga frío, haxa neboa… hai tes que estar na rúa, aguantando que para iso eres cidadan dun estado europeo. Unha vergoña!!! lamentable e denigrante que para facer un tramite tan sinxelo teñas que madrugar as 6 da maña para estar alí o primeiro. Joder a min dame o mesmo ter ou non ter DNI son eles os que me obligan a telo, pois entón que como mínimo poñan os medios necesarios para que os cidadáns teñamos un mínimo de facilidades.

Esta claro que a administración pública neste pais é unha casa de putas, e non falo pola xente que traballa nela, que hai de todo, dende  jetasTocaHuevos ata atenticos curritos que traballan o seu e algo máis; falo dos palurdos que gobernan quentiños nos seus despachos e que lles sopla a gaita as vicisitudes dos cidadáns.

Estou moi enfadado de vivir nun estado-Chapuza!!

Hoxe deime por vencido, para a semana tentarei de novo sacar o ‘meu DNI’, calma, paciencia e moita resignación. Maldita sexa!!!!!!!!

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Desktop Multiplier Editor UML -BoUML-


Calendario

diciembre 2007
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android