Gratas sorpresas e Gnu/Linux

enero 3, 2008 at 9:08 am 1 comentario

Onte levei duas gratas e inesperadas sorpresas, resulta que fun botarlle un ollo a uns portátiles nunha tenda de tecnoloxía e informática da miña cidade. Alí encontreime a un amigo meu que facía tempo que non tiña referencias de él, falando de todo un pouco xurdiu o tema da informática, ordenadores, webs,…, todo discurría sen máis alicientes que unha conversa de dous coñecidos e quizais pola miña idea preconcebida de que por causa dos FUD’s, da costume, da falta de coñecemento, da sinerxia,… a maioría da xente da rúa usa win2, pero fiquei perplexo por un momento cando este rapaz así como quen non quere a cousa soltame …”boh, eu na casa uso Ubuntu e estou máis contento que copón… non volto a win2 nin de coña, non oooooh…” Toma!! están a caer os FUD’s!!! ademáis pareceme moi salientable pois este rapaz é profesor nun colexio, e quizais use os seus coñecementos e o seu convencimento para abrir portas e mentalidades tanto aos seus alumnos como os seus colegas de profesión.

Un pouco máis tarde, cando me dispoñía a pagar uns aparellos que merquei mirei as pantallas dos pc’s que teñen instalados para levar a contabilidade, facturación,… e alaaaaaaaaaaa!!! un escritorio Gnome na pantalla… no momento que me atendou a rapaza non puiden resistirme a preguntarlle…”Ostras…dende cando tedes un Gnu/Linux instalado para traballar??…” a rapaza miroume atonita e dixome… “un que???… non sei, eu levo aquí dous anos e sempre traballamos con iso, tanto na administración como nos pc’s de consulta… non lle dei importancia…na casa teño win2 e pensei que isto sería o mesmo”; e veña máis FUD’s para o chan, a rapaza non encontraba diferenza entre traballar cas aplicacións que corrian sobre unha Gnu/Linux a traballar co win2 que ten na súa casa. Resultaba curioso ao mesmo tempo ver que usan Gnu/Linux nas suas pc’s para o traballo pero sin embargo nos ordenadores que teñen a venda esta instalado en todos o win2 vi$$$ta; maldita tasa M$!!!.

Sain cos paquetes da tenda, cheo de razón, atonito e orgulloso de que as cousas cambien pouco a pouco.

Esteban,MariCarmen… grazas por alegarme unha tarde.

Por certo a tenda é HiperPlanet.

Saudos!!

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Instalando Ubuntu-Server (Tutorial) Libros para informáticos

1 comentario

  • 1. Roberto Brenlla  |  enero 3, 2008 a las 9:52 am

    A insistencia fará posible que prevaleza a verdade e, se a comunidade quere, non ten quen poida con ela. Ao tempo😉


Calendario

enero 2008
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android