Cabreado con Dell…2ª parte

febrero 8, 2008 at 4:02 pm

Pois sigo ca miña odisea particular con Dell. Escribinlles unha correo-e mostrandolles a miña frustración, incredulidade, cabreo, decepción… neste caso a resposta foi distinta a anterior cando na demora da miña compra só me mandaran un soso comunidado, desta volta primeiro a “miña axente comercial” mandoume un correo-e indicandome unha vez máis que ela non pode facer nada, que o atraso producese por causa de falla de stoctk’s (alucina!), que… mil chorradas máis…

Logo pasados dous dias chamoume por teléfono, basicamente para decirme o mesmo pero agora a ‘viva voz’ e de paso darme a -boa nova – de que o día 25 mandaranme o portátil, cagate lorito!! espero-desexo-anhelo que eu entendese mal, e que o me quixo decir fose que antes do 25 o vou ter nas miñas mans. Iso sí cruzo os dedos para que todo veña correcto e non teña que mandalo de regreso para solucionar o problema.

Poñendome no peor dos casos e que ata o día 25 non me manden o aparello, dende que fixen a solicitude (14 de xaneiro) ata que o poida tocar pasarán ¡¡30 dias laborais!! que non esta mal… así calquera cumpre…

O máis gracioso, e que collín e pedinlle algún tipo de compensación pola demora producida, como me esperaba a resposta foi negativa, logo falando coa “miña axente comercial” por teléfono de novo insistin no tema, e a resposta foi moi indicativa e orientativa para as miñas próximas compras…e dixo ela:: “…es que esto es una multinacional, no una tienda de barrio, aquí no podemos regalar nada, solo venderlo…” ; moi ben perfecto!!! pois se unha tenda de barrio sí me pode facer un regalo compensatorio (como xa me ten pasado) e unha multinacional non me fai nada, pois esta claro! de agora en diante voltarei comprar onde nunca debín de deixar de facelo – na tenda do barrio – e que sexa logo a tenda quen se pelee con estes jetas.

(tito vai ser que tiñas razón… ver comentarios da anterior entrada, calcouno!!)

O tema de pedirlle unha compensación non é por chorar nada, se non por intentar igualar as posicións algo, e decir, si eles me mandan o aparello cando lles sae do rabo (sin cumprir co prazo estipulado por eles mesmos!!) que mínimo que reciba algún tipo de recompensa, non si???… pois nada nin por esas, eu pago e eles mandan, eo carallo!!!

Por outra banda o tema de pedir que me devolvesen os cartos desestimeino, quero ese portátil, gustame, cumpre as miñas expectativas… e por outra banda se unha vez pagado teño o que teño para que me manden o trebello, se me teño que poñer a pelexar para que me devolvan os cartos, buuuuuf non o quero nin pensar… non sei se fixen ben ou mal… xa vos contarei.

E lembrade-“es que esto es una multinacional, no una tienda de barrio, aquí no podemos regalar nada, solo venderlo…”

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Uddi, Wsdl, Xsd, Soap, … Bio-Estupidez


Calendario

febrero 2008
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
2526272829  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android