Sistema de D’hondt

marzo 10, 2008 at 3:39 pm 1 comentario

Agora que estamos de resaca electoral picoume o bicho de saber como é o procedimento de reparto de escanos no congreso dos diputados, en que termos ou regas se basa o feito de que por exemplo un escano valga 70.000 votos para CIU e para IU o mesmo escano coste 450.000 votos, (toma igualdade!!!); todo isto se basa na chamada ley ou sistema de D’hondt o cal esta perfectamente explicado na wikipedia – wikipedia Sistema de D’hondt – así que non vou proceder a repetir o mesmo. Sin embargo ocurresenme unha serie de preguntas/dúbidas/reflexións… como se indica no exemplo anterior un voto para CIU non ten o mesmo peso que un voto para IU por exemplo, ¿e isto xusto? ou ¿que Galiza con máis habitantes que Castela-Leon (uns 200.000 hab. máis) teña nove escanos menos de representación?,.

Non sei, non son xurista, nin entendo este lio sobre o que esta montado este circo electoral, pero non vexo normal que todos os votos non teñan o mesmo valor, o que esta claro e que isto só favorece aos partidos grandes (sí,vale outros partidos como Na-Bai con pouco máis de 60000 votos conseguiron un escano, pero xa vedes 1 escano contra 322 que se reparten os dous grandes). Acaso isto non favorece o bipartidismo?? Logo unha vez entrado en materia esta o comecocos do –votoPerdido– comecocos que impulsa a moita xente a darlle o voto ainda que sexa roñando a un dos dous grandes, ale veña bicolor que o mundo ou é branco ou é negro… uuuumm que erro!! Pasaría algo por facer unha circunscripción a nivel de comunidade autónoma?? Por que non se fai?? non sería máis lóxico??…

Como digo, non son xurista, isto só é unha raiada postelectoral que me deu que pensar por un rato. :-/

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Eleccións 2008, con MediaPlayer e M$ Hosting caseiro…

1 comentario

  • 1. Lamberetada electoral « Que che vou contar…  |  febrero 23, 2009 a las 8:48 am

    […] 23, 2009 Xa falei neste espazo persoal fai unha tempada do sistema D’hont, un sistema inxusto que só favorece aos grades partidos privando ao pobo dunha maior […]


Calendario

marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android