Punto sin retorno…

marzo 25, 2008 at 10:08 am 2 comentarios

Moitas veces preguntome se seremos nós os que escribamos a fin do tempo coñecido, da forma de vida actual, realmente non sei se o cambio climático é un negocio inventado como indican algúns ou é unha desastrosa realidade como pronostican moitos outros cientificos, ecoloxistas, estudosos do tema,…

Entendo que durante a existencia do planeta terra houbo cambios climáticos cando a presencia do home era mínima ou mesmo nula pero persoalmente penso que a actividade humana sí influe na aceleración extrema dun posible cambio climático que de producirse seguramente sería máis paulatino e quizais nunha época máis lonxana (sí xa sei que uso condicionais pero e que non son científico, nin un gran estudoso do tema e sí me teño por ecoloxista ainda que non sempre sexa capaz de actuar como tal, só é unha opición persoal).

En todo caso ao leer esta nova volve a saltar todas as miñas alarmas… 2015 punto sin retorno

A día de hoxe isto pode parecer algo lonxano, irreal, ficticio, fora de lugar,…, vivimos nunha sociedade afogada polo estres diario, vivimos como inmortais, todo nos chega a pouco, máis máis máis queremos maís, pero o mundo no que estamos é fintio e os seus recursos tamén, non nos atrevemos a relantizar o carro mentres o veciño non o faga e o veciño non relantiza na mentres nós non o fagamos, así entramos nunha espiral que non a moito tardar nos levará (ogalla me equivoque) a un punto no que pretender deter o proceso xa non vai ser posible.

😦 futuro incerto, triste realidade!!

Entry filed under: Natureza, Noticia, Social. Tags: .

15 ferramentas para detectar SQL Injection Efecto Mpemba

2 comentarios

  • 1. vic  |  marzo 26, 2008 a las 6:10 pm

    Oes, quedouche unha entrada caralluda!!

    Un gran resumo da realidade a última frase. Eu tampouco son científico nen moito menos, non paso de lector de novas e artigos, pero o que está claro é que algo hai que facer, quedarse parado non é a solución, iso seguro.

    Eu creo, ou quero crer, que a bola de neve seguirá a medrar pero que a conseguiremos frear a tempo…

    Saúde!!

  • 2. asennadas » O Polo Norte pode desaparecer a partir de 2015  |  marzo 27, 2008 a las 9:00 am

    […] fonte foime dado por Tonio que tamén o reflicte nesta entrada. chuzame […]


Calendario

marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android