Archive for abril 3, 2008

Unha visión do mundo por un home… verde.

Rex Weyler foi o primeiro Director da Fundación Greenpeace, o editor do primeiro newsletter da organización, e o cofundador de Greenpeace Internacional en 1979. Foi tamén fotógrafo e reportero nas primeiras campañas de focas e baleas de Greenpeace e escribiu unha das mellores e máis exhaustivas historias da organización, ?Greenpeace? (Raincoast, 2004). O seu libro, “Sangue da Terra, unha historia do Movemento Indio Americano”, foi nominado ao Premio Pulitzer. -Verde profundo- é a columna mensual de Rex, que mostra as raíces do activismo e o ecologismo, e achéganos ao pasado, presente e futuro de Greenpeace.

Rex Weyler conta a historia desta organización.

abril 3, 2008 at 4:51 pm

O biodiesel que consumes, acaba cos montes argentino , brasileiros

Leo na web de Greenpeace.es unha nova que de novo me fai opoñerme ao uso de Biodiesel, na nova aparecen frases tan contundentes como… La soja es cultivada en muchos países de América del Sur, como por ejemplo en Argentina. En este país los bosques nativos están siendo destruidos por nuevas plantaciones de esta oleaginosa.

Ousexa que o maldito Biodiesel -invento das petroleiras de sempre para continuar goberando o mercado das enerxias- non só impide que as Ong’s poidan comprar os alimentos destinados a subsanar a fame no terceiro mundo, senón que ademáis destroza a natureza ‘virxe’ trocando o que eran fermosos montes que albergaban vida e por extensión monocultivo que só benefician de novo as malditas transnacionais deste mercado enerxetico.

Dito con outras palabras… para forrarse os que xa estan forrados terminan ca natureza que beneficia, beneficiou e debería de beneficiar a todos; e claro como sempre os gobernos non son outra cousa que titeres…

Así que di NON ao Biodiesel!!!!!!!!! se contaminas polo menos non acentues o problema provocando deforestación.

abril 3, 2008 at 4:36 pm

Enerxía Eólica -unha alternativa firme-

Maikelnai’s blog

Dinamarca ten un problema, xera demasiada enerxía eólica. :)

No oeste de Dinamarca, o prezo da electricidade pode caer a cero nos días ventosos, o cal deixa a varias instalacións eléctricas descargando a fume de carozo o exceso energético para non sufrir este impacto financeiro. Para solucionar este problema, a compañía eléctrica danesa Dong Energy planea construír un sistema nacional de recarga de coches eléctricos para poder aproveitar os excedentes energéticos.

“Os coches son a parella perfecta para a enerxía eólica”, comenta Shai Agassi, director de Better Place, que na actualidade planea despregar unha rede similar en Israel en asociación a Renault e Nissan, xunto aos que construirá vehículos en serie totalmente eléctricos que funcionen con baterías ión-litio.

-Lee a nova completa na súa fonte orixinal-

abril 3, 2008 at 9:57 am


Calendario

abril 2008
L M X J V S D
« mar   may »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android