Cuestión de acentos

diciembre 27, 2008 at 6:46 pm 2 comentarios

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Hoxe pola mañan foi un día de pensamentos internos sobre o mesmo tema, non é a primeira vez que estando pola rúa me esvaezo do terrenal asfalto para envolverme na brétrema dos meus pensamentos. Ben, a cousa foi que sin querer asistin a unha especie de celebración dos ‘exitos’ do motor lucense, ou algo parecido, digo isto porque non me quedei ata o final; o caso do asunto é que ali estaban presentes conselleiros da xunta, xentes da deputación, xentes do concello, e demais personaxes e personaxiños da vida política. Nesto que presto e raudo o presentador do acontecemento colleu o micro para dar comenzo co acto e hai ben a miña decepc ión, facendo uso da máis estupida das costumes que temos neste pais arrancouse nun ‘fermoso’ castelán de entonación extranxeira poñendo en práctica a súa verborrea cultivada en centos de actos como este.

Logo, deume por cavilar que isto é moi común na nosa sociedade galega, usamos unha lingua no troques de outra para pretender adquirir un pseudo-cache persoal superior. Entendo que  haberá xente que foi educada e ten como lingua nai o castelán,  pero o que verdadeiramente me remexe as tripas e a xente que facendo uso de esta -diglosia- renega da súa lingua nai como é o galego para expresarse noutra lingua que non lle é de uso habitual.

Así pouco a pouco imos rompendo e esnaquizando a columna vertebral que conforma a lingua en toda sociedade, non hai posibilidade de ser un pobo de seu se non respetamos a nosa lingua, se esclavizamos unha e outra vez todo o valor dunha lingua milenaria.

Exemplos de diglosia no noso pais hai centos e miles, comercios onde o persoal só fala castelán indistintamente da lingua do cliente, publicidade só en castelán, documentos públicos ou privados redactados en castelán ainda que só vaian ser validos dentro do ámbito galego, e o que para min é o máis arrepiante de todos, pais que sendo galego falantes lle falan ao seu fillo en castelań…

Quede claro que non teño nada, pero nada de nada encontra do uso do castelán, o que sí que teño é un profundo mal estar cando o uso do galego é sustituido polo castelán simplemente para pretender subir un peldaño no intelecto-social.

O peor de todo,  é que isto parece ir a máis, camiñamos como os cangrexos de costas a nosa identidade como país, como pobo, como nación…

Unha magoa que non aprendamos nada da historia.

Entry filed under: Protesta, Social. Tags: .

Bos propósitos Tendas virtuais

2 comentarios

  • 1. choutos  |  enero 2, 2009 a las 7:06 am

    É-che o que tem ser umha colónia😦

  • 2. En memoria dunha lingua. « Que che vou contar…  |  marzo 7, 2009 a las 8:17 pm

    […] Isto faime voltar a pensar en algo que xa publiquei nesta bitácora fai un tempo unha refleión persoal tamén sobre o mesmo tema, quizais menos razoada ca que nos deixa Henrrique pero que cando me puxen a escribila tamén estaba cheo de rabia e impotencia – Cuestion de acentos- […]


Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android