Reposta do cntg

febrero 20, 2009 at 9:09 am

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Fai uns dias escribin un correo-e ao cntg para pedirlles se era posbile a impartición de cursos via on-line e así poder asistir aos mesmos sen necesidade de facer un desprazamento todos os dias dende a miña cidade ata Compostela. Esta é a súa resposta…

Bos días

Como vostede sabe o obxectivo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia é desenvolver actividades formativas, informativas e sensibilizadores relativas ao uso das TIC.

Cinguíndonos ao contido da nosa parrilla formativa, esta inclúe formación técnica intensiva e non regrada orientada ao mundo laboral e cun esixente control de calidade. Esta oferta caracterízase por unha continua renovación de contidos e versións materializada nas actualizacións que temos realizado no contido dos cursos nos unicamente cinco meses que levamos funcionando: Cambio da versión de SQL Server 2005 á versión 2008, migración nas ferramentas de aplicacións .NET de Microsoft do Framework 2.0 ao 3.5, actualizacións das versión CS3 á versión CS4 nos cursos de Adobe etc ..

Como Centro entendemos que para a tipoloxía de cursos que estamos a ofertar, cun forte contido técnico e un alto nivel de especialización, a metodoloxía de impartición presencial é a máis axeitada para atinguir os obxectivos desexados. A teleformación, metodoloxía que non só no rexeitamos senón que incluso consideramos plena e totalmente válida, ten a súa problemática no eido no que nos movemos: Non todas as accións formativas que ofertamos teñen o seu equivalente on-line (e-learning, b-learning), a capacidade de adaptación ao cambio perante da aparición de novas versións é moito máis lenta o que resta flexibilidade na formación en novas versións, algunha das certificacións ofertadas polo Centro non admiten esta metodoloxía, altas taxas de abandono ou inadecuado aproveitamento etc ..  A decisión non esta baseada, por tanto, na simple existencia ou inexistencia de plataformas ou ferramentas que permiten impartir este tipo de cursos.

Independentemente doutras liñas de actuación que o Centro está a estudar para facilitar o acceso dos interesados a calquera das actividades programadas, particípolle que a día de hoxe existen, para persoal desempregado, axudas para desprazamento e aloxamento que pode consultar na sección “novas destacadas” do noso portal web. Respecto ao persoal activo infórmolle que este  Centro está tentando chegar a acordo coas diferentes asociacións do sector para que posibiliten e liberen aos seus traballadores para realizar esta formación para o emprego, acordo este que algunhas empresas xa están a levar a práctica.

Un saúdo
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Dirección Xeral de Formación e Colocación
Consellería de Traballo

———————————————————————

Así que de curson on-line nada de nada, non sei que é mellor o feito de que só impartan cursos de gran calidade ou de que unha gran cantidade de técnicos, inxenieiros… non poidan asistir a ditos cursos. Persoalmente asistin por e-learning a unha serie de cursos e a verdade e que lles saquei moito probeito a hora de traballar. Entendo que haberá cursos ou certificacións que será necesaria a presencia in-situ do alumno pero dende logo que hai moitos outros que o aprendizaxe e impartición podese facer sen problemas e con bo nivel a distancia via web, en tanto en canto a calidade de ese curso sempre que non sexa necesario unha infraestructura física ampla para o seu desenrolo -servidores, redes,…- só dependo do contido do mesmo, o alumno como tal é o auténtico responsable de querer ou non aprobeitar os coñecementos que recibe, non por estar no sitio aprendes máis.

A verdade e que a resposta deixame indeferente, pode que sea un testán pero sigo opinando o mesmo que lles indiquei na carta.

Entry filed under: Protesta, Social. Tags: .

Recopilación artigos -VirtualBox, manuais, Terminal- Reducir o tamaño dos discos .vdi


Calendario

febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android