We Are All Socialists Now

febrero 27, 2009 at 9:49 am

Con este titulo presentouse  –NewsWeek– unha das revistas  de maior tirada nos EE.UU de América, parece que os cambios que esta a impoñer o novo presidente rachan cuns trinta anos de política neoliberal que reinaba en tal pais durante o periodo citado.

A creación dunha seguridade social é un dos grandes avances que quere impulsar o novo presidente, o recorte en investigación militar para a creación de armas, o recorte do gasto en guerras,… algo parece que esta a cambiar no pais que era o referente mundial do liberalismo económico.

Preguntome que pensaran agora os gobernantes e títeres de certo partido político de ámbito estatal que non hai moito tempo se enorgullecian de meter ao noso pais nunha guerra ilegal só porque os EE.UU. eran os que a lideraban; preguntome que pensaran agora que no pais onde reinaba a sanidade privada vai existir unha sanidade pública, eles que eran os primeiros en querer cargarse o sistema acutal no noso estado para implantar as ‘grandes virtudes’ da sanidade privada; preguntome que pensaran agora que o novo presidente lle vai subir os impostos aos ricos, eles que falan de recortar impostos de todo tipo ainda que logo sexa o sistema público de sanidade, de educación,…, quen pagen os platos rotos dese recorte de impostos; preguntome en que bola máxica estarán mirando agora o seu futuro dado que estan a perder todos os referentes que tiñan, agora contarannos que son ‘centristas’ que nunca foron de dereitas que iso foi un mal entendido, e tal e cual…

Persoalmente espero que os novos aires que parecen soplar alen do outro lado do charco nos deixen claro que non vamos desencamiñados ao defender un sistema público de sanidade, un sistema público de educación, un sistema público de pensións, un sistema público de emprego e de respaldo ao desempregado, un sistema público…, un sistema público…, un sistema público…, un sistema público no que non importe a ‘clase social’ a que se pertenza dado que todos temos os mesmos dereitos sen importar o tamaño da billeteira.

Co paso do tempo iremos vendo…

Entry filed under: Noticia, Social. Tags: .

Cancións, música e sons… Crecer a toda costa I


Calendario

febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android