Consorcio de Igualdade e Benestar, falando claro.

marzo 30, 2009 at 3:59 pm 1 comentario

Deixo aquí un texto que me chegou via correo-e para dar conta das manipulacións que xa se estan a facer por parte do futuro goberno da Xunta de Galicia con respecto ao Consorcio de Igualdade e Benestar.

—–
Escribo este correo a nivel informativo dende a perspectiva que me da traballar no Consorcio de Igualdade e Benestar, sobre todo debido a manipulación que estou a ver en moitos medios de comunicación que alteran a realidade. Gustaríame clarificar dúas cousas: que é o Consorcio e cales foron as vías que posibilitan traballar nel.

Antes de nada gustaríame sinalar que son traballadora, non política. Non estou afiliada a ningún partido político, nin a ningún sindicato.

1º ¿qué é o Consorcio?

Pois é unha entidade de dereito público, de carácter interadministrativo e con personalidade xurídica propia, constituida pola Administración da Comunidad Autónoma de Galicia (Vicepresidencia) e os municipios galegos que se queiran integrar nel (na actualidade son mais de 200, de todas as cores políticas, a maioría, do PP). A función xeral do Consorcio é a de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos Servizos Sociais de ámbito local (quen teña mais interese pode consultar os estatutos na web: www.igualdadebenestar.org)

Así escrito con estas palabras probablemente non diga nada, pero quere dicir que é un órgano de colaboración e xestión entre as administracións públicas encargadas de proporcionar os Servizos sociais nos municipios. Pero esto non quere decir que se lles quite competencias ós concellos, se non simplemente que colaboran entre sí para por en marcha e xestionar servicios que doutra forma non existirían (por non haber coincidencia cas políticas da Xunta nalgúns concellos, por non ter suficientes cartos noutros, etc). Sobre todo ten unha gran incidencia na zona rural, donde concellos de pouca poboación nunca poderían construir unha gardería ou un centro de día porque non teñen cartos (os servizos están sempre nos grandes núcleos poboacionais). Despois de 2 anos puxéronse en marcha servizos públicos que non existían en Galicia, como son as escolas infantís de 0 a 3 anos, centros de día para maiores, programa “Xantar na casa”, oficinas I+B, etc. E que non se quedan só nas cidades, senon que se fan tamén en pequenos municipios.

O que quero destacar e que creo que é o importante, e que se puxo en marcha unha rede de servizos sociais públicos que empezan a encher ese vacío que existía en Galicia.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non é un “chiringuito” da Xunta. O seu control económico faise de acordo co que establece a lexislación do réxime financieiro e presupuestario de Galicia.
E por se alguén lle queda alguna duda da súa legalidade, faise referencia a él no artigo 64 da Lei 3/2008, do 3 de decembro, de Servicios Sociais de Galicia, e expresamente na súa disposición adicional 2ª .

2º : ¿ Cómo se entra a traballar no Consorcio?

Superándo un proceso selectivo que consistiu nun concurso-oposición para un posto de persoal laboral temporal. O persoal do Consorcio pasou un exame, unha valoración de méritos e unha entrevista persoal.
Cando as listaxes de agarda dos procesos selectivos correspondentes se esgotaron ou non se tivera convocado un proceso selectivo, abriuse, no mes de Abril, unha convocatoria pública de elaboración dunhas listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo do Consorcio, mediante a que no mes de Decembro tamén entrou novo persoal no Consorcio por orde de puntuación de méritos nas ditadas listas.

Por tanto, cada vez que sae na prensa ou alguen di que o persoal do Consorcio está posto a dedo ou son enchufados é falso, pasaron un proceso selectivo ou unha baremación de méritos que era pública e a que calquera se puido presentar.

Agora, hai polémica polo proceso selectivo que está en marcha para facer persoal laboral fixo a unha parte do persoal, os de Centros de día e Galescolas . Pois ben, en Galicia fixéronse procesos de consolidación de persoal temporal no Sergas na Xunta e en moitos concellos, con exámenes sinxelos e favorecendo a experiencia profesional, similar á convocatoria actual do Consorcio, e non pasou nada. Ninguén se queixou…

O que se teme é que, co novo goberno da Xunta se vote por terra todo isto e que se privaticen os Servizos Sociais, como algúns dirixentes xa manifestaron, e como fixeron con moitos dos servizos sociais públicos durante as lexislaturas anteriores nas que gobernaron. Os que traballamos na empresa privada, sabemos ben o que significa que prime o beneficio económico en vez da calidade asistencial (falta de recursos humanos e materiais, precariedade laboral, intervención meramente asistencial, etc). A xente que traballa no ámbito do social sabe que posibilidades de traballo nos esperan.

Sobre todo, con este correo, se pretende apoiar e defender un sistema de servizos sociais públicos ¿¿¿ si mañá nós din que privatizan a sanidade tampouco pasaría nada???

—–

Penso que queda explicado.

Entry filed under: Cultura, Protesta, Social. Tags: .

Mundos virtiais 3D Open Source Almacenamento en liña

1 comentario

  • 1. Lorena  |  abril 7, 2009 a las 1:49 pm

    Era de esperar, el ámbito social siempre ha sido y seguira siendo el más castigado por la política, simplemente porque los ciudadanos no estamos acostumbrados a exigir lo que realmente merecemos y nos conformamos con migajas.

    Realmente pienso que no ha mucho tardar la mayor parte de la adminsitración y de los servicios estaran en manos de empresas privadas, no es la solución pero es lo que más beneficia a los amigos y demás de los que dirigen el cotarro.

    No importa lo que sea verdad o mentira, el pueblo se cree todo solo hay que repetirlo muchas veces.


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android