Vivir no rural unha nova-vella forma de vida.

junio 4, 2009 at 2:04 pm 2 comentarios

Hoxe mentres xantaba puiden ver no canle 24h de TVE unha reportaxe sobre como pobos abandonados voltan a vida grazas a que unha masa de persoas desexan recuperar valores de vida perdidos nas modernas urbes de asfalto, uns decidiron cambiar polos fillos, outros para recuperar o control da súa vida, outros para escapar o ruído, outros… cada un ten a unha historia detrás.
É curioso ver como xentes de múltiples nacionalidades comparten fins comúns, como poñen en marcha proxectos, como interactuan respectando e enriquecéndose das diferenzas, como colaboran. Falaba un dos entrevistados de que estaba farto de vivir e non coñecer aos veciños do edificio, de saír a rúa e só ter descoñecidos, contaba que a volta ao rural supúxolle retomar o contacto real coas persoas.
Gustoume ver como sen necesidade de especula-construtoras son capaces de levantar de novo todo un pobo só coas súas mans, e non só iso, se non que ademais respectando o seu medio, gustoume ver como escolas cerradas voltan a abrir as súas portas, gustoume ver a unión que facían todos xuntos para demandar servizos as administracións e así garantir que as futuras xeracións queiran ficar nese lugar; gustoume especialmente o feito de que se poñía en valor o feito de vivir no campo, gústome ver que deixaban de lado o egoísmo persoal tan engrandecido nos tempos actuais e cedíanlle protagonismo a comunidade, falaban de que era imprescindible colaborar en troques de competir.
Certamente me alegrou ver que cada vez hai máis xente que pensa e sente o que eu vin dende pequeno, que vivir na aldea non é vivir illado senón vivir en comunidade, é coñecer ao veciño, é colaborar, axudarse, é ter espazo para pensar, lugares para reflexionar, escoitar o silencio, voltar as orixes pero sen perder parte do gañado co avance dos tempos.
Así que a todas esas persoas que voltan a esta nova-vella forma de vida só lles podo dar a benvida, alentándoos a que nos axuden a manter as tradicións a conservar a lingua a abrir as portas ao futuro con máis forza que nunca.

Entry filed under: Documental, Natureza, Social. Tags: .

Sw libre nas escolas por R.M.S Instalar un servidor de ficheiros VSFTPD

2 comentarios

  • 1. Leo  |  junio 4, 2009 a las 4:57 pm

    Resultanme moi reconfortantes este tipo de iniciativas. E triste chegar o meu pobo e cada vez ver menos xente, e todos vellos. No meu pobo so hai 3 nenos, e todos son da misma parella. Cando era pequeno eramos mais de dez.

    E triste chegar o teu povo e que todas as noticias sexan que morreu tal vello, e que o pobre do meu abó vexa que cada vez está mais so, e que a xente da sua idade marcha pa sempre, e que os novos so veñen no verán (e menos mal).

    Tal vez si os politicos en vez de abrir polideportivos, piscinas, etc para que non os use ninguén, abrisen un poligono industrial ben comunicado coas infraestructuras coma dios manda, os novos non marcharian a cidade a buscar a vida, e a xente que quere montar algo non escapase a zonas mais poboadas.

    É triste ver como a obra municipal mellor feita e un velatorio.

  • 2. toniocastro  |  junio 5, 2009 a las 3:52 pm

    Non só o teu pobo, hai centos de pobos na mesm situación, a xente en vez de pelexar polo seu, por servizos, por espazos de traballo, prefiren marchar que é máis sinxelo. Son os de fora os que nos teñen que lembrar e poñer en valor o que aquí non apreciamos.

    Unha magoa ver como se perde a cultura, as tradicións, a sabiduría milenaria,… os pobos foron e son o salvador do galego, da cultura máis xenreira, da esencia dunha nación.


Calendario

junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android