Carta dunha estudante ao conselleiro de ‘educación’

junio 24, 2009 at 7:50 am

Copio e pego unha carta dunha estudante de Nigrán ao conselleiro de ‘educación’.

Sr. Conselleiro de Educación

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profresores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme  un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarnos nunha das dúas opcións, é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que na escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría,  teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…  case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve practicamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de  Galicia, onde nos sentimos galegos, onde  podemos falar  sen prexuízos, onde non parece que falemos   nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso  soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

                                Miriam Veiro
                         1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL
                                   NIGRÁN

Copiado de Vieiros.com

Ollado en Chuza.org

Entry filed under: Galego, Protesta. Tags: .

Ubuntu: cousas a ter en conta para instalar/modificar. APE: Ajax Push Engine


Calendario

junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android