APE: Ajax Push Engine

junio 30, 2009 at 4:40 pm

//

Copio e pego dende mancomun.org

Ajax Push Engine é unha tecnoloxía de código aberto que permite o intercambio de datos entre milleiros de usuarios simultáneos a través dun navegador web, sen recargar as páxinas e sen ningún plugin externo.

APE está deseñado para empurrar os datos cara aoo cliente en tempo real dunha maneira modular, lixeira e altamente escalábel, e só emprega Javascript do lado do cliente. Ao usar estándares web, APE resulta totalmente compatíbel cos principais navegadores modernos. Ademais, ofrece compatibilidade cara atrás con outros navegadores.

A parte principal e central de APE é o servidor APE, un servidor http escrito completamente en C, que prové patróns como o “forever frame”, “long-polling”, e outros. Este servidor pode estenderse empregando módulos, que se poden escribir en C, e nun futuro, tamén en Javascript na parte do servidor.

A segunda parte de APE é un Framework Javascript baseado nas coñecidas MooTools que trata co protocolo de APE.

Xuntando estas dúas pezas de software pódense desenvolver aplicativos en tempo real vía web sen ter que empregar plugins externos, como poden ser o plugin de Java ou o de Flash. Na páxina do proxecto podemos ver varias demostracións das capacidades de APE:

Sen esquecérmonos da demo da páxina principal, onde podemos mover un simpático gorila e falar con outros gorilas manexados por outros visitantes da web.

Entry filed under: Ajax, JavaScript, mundo web. Tags: .

Carta dunha estudante ao conselleiro de ‘educación’ Top 20 dos linguaxes de programación máis usados


Calendario

junio 2009
L M X J V S D
« May   Jul »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android