Golpe de efecto de Google con ‘Google Chrome OS’

julio 9, 2009 at 6:14 pm 2 comentarios

//

//

//

//

//

//

Non damos feito con tanta novidade por parte do xigante Google, non fai moito que Android saiu a luz e parecia e ainda parece ser a competéncia directa do gran império OScuro no terreo dos ultraportátiles, todos pensábamos que GNU/Linux máis Android se pelexarian con novo sistema operativo de Redmond para dominar este suculento mercado.

Pero Google decidiu dar un golpe na mesa, marcar distancias e romper co estabelecido en sistemas operativos se refire ata as datas actuais e puxo en xogo a ‘Google Chrome OS‘ collendo por sorpresa (penso eu) ata ao máis atrevido dos tecno-visionários. Ben é certo que o império OScuro esta traballando nun proxecto parececido pero polo de pronto xa se quedaron atrás; como digo Google rompeu a partida e decidiu facer un envite ao resto dos rivais.

O mellor de todo e que Google Chrome OS esta baseado no kernel LINUX así que polo de pronto podemos decir que é outro tanto que se anota o movemento FLOSS. Ben é certo que resulta unha competéncia para o resto das distros GNU/Linux pero ben, ao fin e ao cabo, o kernel que todas usan é Linux así que en principio todas se benefician.

Entre unhas cousas é outras os ananos parecen multiplicarselles ao império OScuro, Android, Chrome OS, Ubuntu, o seu navegador que día tras día perde cuota con respecto a Firefox, logo están OpenOffice, Google Docs,… vamos que a tarta vaise repartindo en multiples cores e sabores, por fortuna.

E falando de Firefox, cal será o seu movemento respecto a esta nova (polo menos para min) visión de internet e dos sistemas operativos??? e sobre todo pensando en que para o 2011 Google pode deixar de apoialos económicamente… veremos o que nos depara o futuro, de momento esto non fixo outra cousa que empezar.

🙂

Entry filed under: Firefox, GNU/Linux, Google. Tags: .

Compilar o kernel en Ubuntu Tractorada!!!

2 comentarios

  • 1. mordisko  |  julio 10, 2009 a las 6:57 am

    Boas!

    Microsoft dicía que o luns iba dar unha noticia importante, ó mellor e o proxecto gazelle e google adiantou o seu aviso do OS para ter maís impacto. A saber.. de todas maneiras, se o feito de que google empece a desenvolver no kernel de linux fai que existan maís soporte de hardware en forma de drivers, benvido sexa!

    Respecto a mozilla, creo que xa teñen unha bo porcentaxe do mercado así que vai sendo hora de “soltarlles da man” e que anden solos, que outras empresas estan a vivires con menos cuota de mercado, malo sera.

    un saludo meu

  • 2. toniocastro  |  julio 10, 2009 a las 11:56 am

    Boas fenómeno!!!🙂

    Google non é tonto, colle Linux primeiro porque xa ten mooooito traballo feito, segundo é un kernel que ten sobradamente demostrado o seu excepcional potencial, se Google vai aportar algo directamente ao kernel o desexable é que sí, pero veremos en que forma e maneria.

    Con respecto a Mozilla, o que dis é certo, pero pensa que outros navegadores como Opera, konqueror,… non son competencia para IE do mesmo xeito que é Firefox, iso é debido entre outras cousas a que hai un apoio non só da comunidade senon dunha fundación que a súa vez esta apoiada por Google. Por outro lado o que quero decir é que tanto Chrome OS como o novo navegador-OS de M$ representan un cambio na forma de entender tanto os sistemas operativos como os propios navegadores, así que Mozilla terá que facer un esforzo se quere entrar nesta loita para non perder comba no mercado. E a pregunta é ¿pode facelo?¿ten recursos e presuposto sen Google detrás?… hacia onde vai agora Firefox… o tempo dirá.

    Un saúdo meu!


Calendario

julio 2009
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android