Linux+Oracle no Cern

septiembre 9, 2009 at 3:15 pm

Como sabedes son un admirador e seguidor do programa ‘Redes‘ no que o xenial sr.Punset nos ílustra falando cos científicos máis relevantes do mundo, así que non é de extrañar que mentres estou programando teña como fondo para matar o silencio un dos moitos videos que colgan da web de dito programa.

Pois pasou que por esas casualidades da vida, que nun dos trocos de de pantalla fun parar ao escritorio onde tiña correndo o navegador cun destes videos, así que durante un intre permanecin ollando dito video, e de rependete…. pun chis plas… carteis sobre a world wide web, sobre serves, sobre linux + oracle,… e claro… non tiven outra que parar o video e atrasalo para saber se non estaba trabucado co que me parecera ler; e certamente non o estaba, no video que falaba sobre o Cern e como os cientificos usan a tecnoloxía máis potente do mundo para descubrir o misterio de como empezou todo, de cales son as particulas máis elementais, de que pasou na primeira millonesima de segundo despois do big-bang, hai estaba o noso querido GNU/Linux traballando unha vez máis en silencio, sen facer ruxido, a sombra, a prol da humanidade.

Como di o refrán, unha imaxe mil palabras:

Linux + Oracle no CERN

Pois iso, se non o poño revento😛.

S2!

Entry filed under: Noticia. Tags: .

O inglés como lingua de aldeáns. Ciborgs, realidades virtuais,… o futuro “Matrix” que nos espera.


Calendario

septiembre 2009
L M X J V S D
« Ago   Oct »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android