Os do CENATIC usan Apple KeyNote…!!!!! onde queda o sw libre??

diciembre 13, 2009 at 10:03 pm 3 comentarios

Fedellando pola web de Chema Alonso encontrome un comentario un tanto sorprendente. O comentario indica que os do CENATIC para escribir o ‘Argumentario de fontes abertas na educación‘ usaron un Apple co procesador de textos KeyNote. Con dita afirmación quedei perplexo e tiña que comprobalo por min mesmo, así que descarguei o ‘argumentario’ e usei a ferramenta FOCA (on- line) que foi creada por I64 para a extración dos metadatos de documentos de M$-Office, OpenOffice, ou PDF. Lamentablemente o comentario era certo, a xente do CENATIC usou un Apple co procesador de texto KeyNote na súa versión 5.03 para escribir o ‘Argumentario de fontes abertas na educación‘,…, triste pero real.

Deixo aquí o resultado logo de subir o citado ficheiro a -FOCA-:

Cenatic usa Apple-KeyNote

Ben, agora que cada un pense o que queira, saque conclusións ou opine o que desexe. Persoalmente penso que non é normal, lóxico, nin ético defender o sw libre en ningunha das suas frontes facendo uso de productos que distan moito de ser tal, sobre todo e neste caso en concrto, cando o sw libre ten ferramentas tan potentes e populares como son o OpenOffice para levar a cabo a empresa desexada.

Pois é o que hai…

Por certo, teño gargado o pdf do ‘argumentario’ por si a xente do CENATIC lles da por eliminalo da súa web.

Entry filed under: Educación, Metadatos, OpenOffice, Protesta. Tags: .

Cuestión de liberdade, cuestión de saber/poder elexir. Guia de Ubuntu 9.10

3 comentarios

  • 1. marcos  |  diciembre 14, 2009 a las 12:59 am

    Lémbrame a aquel avogado chileno que defendía os intereses de Microsoft nun proceso e presentou a documentación feita cun Office pirateado.

  • 2. toniocastro  |  diciembre 14, 2009 a las 8:10 am

    #Marcos, sí aquelo fixome gracia e risas, pero isto certamente non me fai ningunha gracia.

  • 3. Galcet  |  diciembre 18, 2009 a las 5:19 pm

    http://elladodelmal.blogspot.com/2009/12/que-poca-verguenza.html


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android