En memoria dunha lingua II

enero 2, 2010 at 4:39 pm

Deixo unhas entradas de duas novas que ollei en chuza.org sobre o noso ben querido pero maltratado idioma GALEGO.

Por un lado esta entrada saida do Xornal.com onde Rafael Cuiña (militante do PPdeG) fai un esbozo de como afecta o decretazo do galego na sociedade e comenta entre outas cousas isto:

“…a responsabilidade absoluta deste Goberno é potenciar a lingua que parte de posicións máis débiles, como é o galego, para que poida estar ao mesmo nivel que o castelán, porque algúns semellan querer facer da “cooficialidade”, ambigüidade, e desta , falsa liberdade lingüística…”

A outra entrada esta escrita en castelán por Fermín Bouza (Sociólogo) onde tamén explica como ve él o tema do decretazo do galego eo futuro do mesmo na sociedade, comentando cousas como esta:

“…Como sociólogo no veo la menor posibilidad de que el gallego reaparezca en la ciudad desde su sub (des)-consideración escolar en todos los niveles…” [Isto lamentablemente xa é unha realidade, dado que os galego-falantes nas grandes urbes contanse cos dedos das mans]

E remata decindo isto: “… El gallego es, recuérdenlo, la lengua propia de Galicia: la lengua a proteger.”

Esta claro que somos ainda un pais  acomplexado, decimos valorar o noso pero sempre pensamos que o de fóra é mellor incluindo neste paquete por suposto a lingua (columna vertebral de todo pobo), que é sustituida a menos que se poida para subir o noso estatus social. E se a isto lle sumamos que os propios organimos e dirixentes que dicen ser os representantes do pobo tamén agoban por deslexitimar o noso e dar preferencia a o foráneo… pois mal vamos.

Quizais sexa hora de mirar para outras latitudes como o pais Catalán, onde non só están ben orgullosos do que son e da súa rica cultura, senon que ademais queren seguir enriquezendo e protexendo a súa diversidade linguistica tomando decisións tan acertadas como esta –Catalunya da o primeiro paso para oficializar o aranés-.

E as cousas son así, mentres que nas terras bañadas polo Mediterraneo protexen a súa identidade, neste pais bañando polo Cantabrico e polo Atlantico imos a deriba hacia a perda do noso ser como nación.

Deberiamos lembrar o que rezaba aquel dito: Perdura o que un pobo defende.

Entry filed under: Galego, Protesta. Tags: .

Guia de Ubuntu 9.10 Plataforma de desenvolvemento: Netbeans +PostgreSQL / MySql+ Apache + PHP+ Git sobre Ubuntu 9.10 (x64)


Calendario

enero 2010
L M X J V S D
« Dic   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android