Plataforma de desenvolvemento: Netbeans +PostgreSQL / MySql+ Apache + PHP+ Git sobre Ubuntu 9.10 (x64)

enero 18, 2010 at 2:32 pm

Ter unha boa plataforma de desenvolemento é fundamental para poder traballar comodamente. Polo que seguidamente deixo os pasos que seguin para instalar a que teño montada nun dos equipos que uso para programar/traballar.

1- Dende Synaptic podemos instalar o seguinte:

mysql-server

mysql-admin (administrador visual de MySql)

postgresql

pgAdmin3 (administrador visual de PostgreSQL)

apache2

apache2-doc (documentació de apache2)

rapache (xestor visual -mini- para apache2)

php5

php5-mysql (módulo de php para traballar con MySql)

php5-pgsql (módulo de php para traballar con PostgreSql)

php5-xdebug (extensión para depurar os scripts de php)

git-core

git-cvs

git-doc

qgit (xestor gráfico para os repositorios de git)

Ok, unha vez marcado todo isto procedemos a instalalo, tan díficil como pulsar o botón <Aplicar>.

Cando o temos instalado comprobamos que o servidor -Apache- funciona para elo facemos o seguinte:

  • Abrimos o navegador (Firefox por exemplo) e escribimos:

http://localhost/

Se todo vai ben en pantalla debe aparecerche isto : It Works!

  • Pero cando intentamos acceder ao noso directorio persoal lanza un erro, fixate:

http://localhost/~tonio

E lanza un erro ao estilo: Not found The requeste URL/~tonio not found on this server.

  • Agregando directorio persoal ao Apache2:

Abrios o terminal e escribimos o seginte:

sudo a2enmod userdir

Creamos dentro do noso /home/ o seguinte directorio /public_html/

Seguidamente reinciamos o servidor apache2, para eso podemos facer uso do aplicativo rapache instalado con anterioridade rapache->tools->restart Apache.

  • Unha vez feito esto voltamos a executar dentro do firefox url anterior: http://localhost/~tonio
  • Agora o resultado debe de ser distinto indicando algo así(en caso de darche un erro ao estilo ‘Could not reliably determine…’ picha aquí.):

Index of/~tonio Name last modified Size Description

Apache/2.2.12 (Ubuntu) Server at localhost Port 80

  • Ok, todo vai sobre o previsto…
  • Dentro do directorio /public_html/ podemos crear un ficheiro chamado index.php (ficheiro que por defecto busca apache) e dentro do ficheiro podemos poñer algo así:
<?php
                  phpinfo();
?>
  • Pulsamos F5 sobre o navegador Firefox para refrescar.
  • Seguidamente debe aparecer un listado con todas as caracteristicas que ten a versión de php instalada no noso sistema.
  • Agora imos activar a propiedade ‘xdebug’.

Escribimos no terminal:

sudo gedit cd/etc/php5/conf.d/xdebug.ini

Engadimos a seguinte liña:

xdebug.remote_enable=on

  • Reiniciamos de novo o firefox.
  • Nota: Despois de moito pelexar, non conseguin que Xdebug funcionase correctamente, polo tanto estou pensando intentar facer a súa instalación mediante PEAR, ou instalando as fontes. Nunha entrada próxima resolverei este ‘pequeno’ inconvinte.

2- Dende a web realizamos a descarga do IDE:

Aparecenos nun arquivo co segunte nome:

netbeans-6.8-ml-linux.sh

Procedemos a instalar:

Damoslle permisos de execución como programa ao arquivo.

Pulsamos duas veces sobre o arquivo e na pantalla que nos aparece seleccionamos <Executar nun terminal>

Esperamos…

Cando nos sae a pantalla para iniciar a instalarción picamos sobre o botón <Customize> e deselecionamos que nos instale o servidor ‘Sun GlassFish Enterprise Server v3′ xa que non o queremos dado que temos  instalado o noso apache2 no sistema.

Procedemos a installación…

Unha vez que temos netbeans instalado só nos queda facer o seguinte:

  • Iniciamos o NetBeans
  • Imos a paleta superior e escollemos a opción ‘Tools’ -> ‘Options’
  • Unha vez aquí seleccionamos a opción PHP, e indicamos onde esta situado o interprete de PHP:      /etc/php5/apache2/php.ini
  • Instalar o plugin de GIT: accedemos a web de NBGit.
  • Abrimos o NetBeans:
    • Imos a paleta superior e escollemos a opción ‘Tools’->’Plugins’.
    • Unha vez aquí imos a ‘Downloaded’ e escollemos a opcion ‘Add Plugins’ e seleccionamos o plugin que acabamos de descargar.
    • Logo só queda seleccionar a opción ‘Install’ e seguir as instruccións que nos marca o instalador.
    • Ok, xa o tes instalado; se vas a opción ‘Team’ verás que xa existe unha etiqueta que permite traballar con Git.

Pois xa esta!! agora só queda emprezar a traballar con todo isto… pero iso será en outras entradas futuras.

Entry filed under: Apache, Git, MySql, NetBeans, PHP, Postgre. Tags: .

En memoria dunha lingua II UbuCompilator


Calendario

enero 2010
L M X J V S D
« Dic   Mar »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android