Instalación de paquetes

marzo 25, 2010 at 9:47 am

Xa teño comentado neste blog a enorme cantidade de posibilidades que existen a hora de realizar a instalación dun paquete en Ubuntu, seguidamente vou deixar unha serie de enlaces nas que se comentou este tema:

Na actualidade tamén contamos co Centro de Software de Ubuntu‘ desde o cal podemos instalar practicamente todo o que necesitamos a golpe de ‘Click’, de forma fácil, comoda e sinxela a máis non poder.

Pero ademais existen dous aplicativos externos que che permiten facer o mesmo:

  • Ubuntu Tweak : según nos contan na súa web (Ubuntu Tweak) é unha ferramenta que nos permite configurar de forma fácil as caractirísticas do sistema e do escritorio. Dende a web indicada podes descargar a ferramenta nun paquete .deb para ser instalada mediante Gdebi, ou como indican no blog de Ubuntu Tweak podes modificar os repositorios para facer a instalación dende os mesmos.
  • Ailurus : Pódese decir que é un Ubuntu Tweak un pouco máis avanzado dado que permite a modificación máis polo miudo dun maior número de características. A súa web é a seguinte (ailurus) que esta aloxada en Google Code, para a súa instalación da seguinte web –Download– podes descargar tanto en formato .deb, como en formato .rpm así como o propio código. Para instalar esta ferramenta mediante os repositorios sigue os pasos que indican en WebUpd8.

EOF.

Actualizado:

Navegando pola rede enterome da existencia de ‘Debreate’ unha aplicación gràfrica para a construcción de paquetes .deb de maneira sinxela. A web con toda a información oficial é esta http://debreate.sourceforge.net/; en Ubuntu Life fan unha entrada na que explican como usala.

Entry filed under: Administrar Paquetes, Administrar Sistemas, Recopilacion, Xestor de paquetes. Tags: .

OpenMeetings HTML 5 -Comparando navegadores-


Calendario

marzo 2010
L M X J V S D
« Ene   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android