Mentiras e Sw libre en Galicia.

octubre 19, 2010 at 10:54 am 5 comentarios

Pouco lle durou ao goberno da Xunta de Galicia a idea de apoiar ao sw libre, lonxe quedan as boas palabras que en San Caetano que se nos trasladaron as distintas asociacións de usuairos de GNU/Linux de Galicia en apoio por parte da Xunta a impulsar o sw libre nos distintos campos nos que o goberno galego ten potestade para actuar. Boas palabras para cerrar bocas, balsamos para tranquilizar conciencias, ou simplemente ofrecernos migallas baixo mil promesas mentres a verdadeira intención ia por outros derroteiros.

A día de hoxe se ollamos a sección de ‘Galicia’ do xornal ‘El Pais’ podemos ver un titular dunha nova que reza así “La Xunta paga a Microsoft y renuncia al ‘software’ libre”  tamén na sección de ‘Politica’ de ‘O Xornal’ se fai eco da sorprendente nova con outro artigo que comenza así : “O Goberno gasta 4,7 millóns no maior lote de licenzas de Microsoft da súa historia“, parece ser que agora si coñecemos as verdadeiras intencións de apoio por parte da Xunta de Galicia ao Sw libre.

Os datos que se reflexan nos artigos son canto menos desmoralizadores ao ver o derroche ou despilfarro de diñeiro que se vai facer das arcas públicas de todos os cidadáns galegos para pagar unhas licencias de uso de programas privativos dunha empresa extranxeira.

No artigo de ‘O Xornal’ queda ben explicado o derroche do capital:

  • 38.000 licenzas con cobertura ata maio de 2013, das que 556 serán novas (logo do 2013 haberá que voltar a pagar)
  • 6.000 euros anuais pola renovación das aplicacións existentes e ata máis de 13.000 euros se son novos.
  • Máis dun millón de euros só para mercar 8.000 licenzas de Windows e Office.
  • Os programas de Microsoft non se adquiren para sempre, senón que son licenzas que se pagan co dereito a usar esas aplicacións durante un tempo, e ao cabo desa etapa é preciso pagar de novo pola súa aplicación.
  • No contrato, especificanse un por un os nomes dos produtos que só poden proceder de Microsoft.

O máis lamentable é que para todo este despilfarro hai alternativas libres, e gratuitas que ademais de aforrar diñeiro nas arcas públicas do goberno galego, permitirian a Galicia deixar de ser dependente dunha tecnoloxia que non lle pertence.

O exemplo encontrase dentro da propia Xunta de Galicia dado que por exemplo as oficinas do Consorcio Galego de Igaldade e Benestar levan anos facendo uso de Ubuntu-Linux e OpenOffice  para o traballo diario das mesmas, sen problemas de ningún tipo, nin de adaptación nin tecnoloxico, …

Esta claro que non é un problema tecnolóxico senon un problema de que quen ocupa o sillón do goberno teña o suficiente críterio e valor para impulsar e de levar a cabo os compromisos adquiridos no periodo electoral; compromisos que non son nada máis que fume e máis fume, para acalar as bocas duns cantos.

Estamos perdendo o tren de crear unha sociedade do coñecemento, dunha sociedade creadora e fornecedora de tecnoloxía propia, estamos perdendo o tren de traballar con outras entidades para impulsar proxectos comúns que resolvan os nosos problemas e ademais que sirvan para xenerar coñecemento a terceiros que lles permita tamén seguir avanzando.

Por outra banda de todo isto derivanse dous problemas máis:

-Por unha banda a perdida de credibilidade da propia Xunta no apoio ao Sw Libre atraves da súa plataforma ‘mancomun.org’ dende a cal se poden descargar aplicacións libres para que as empresas así como a cidadanía en xeral faga uso das mesmas en troques de aplicacións privativas. Pero claro se a propia Xunta non fai uso desas ferramentas ¿como pretende que as empresas e cidadáns de Galicia fagan uso das mesmas?.

-Publicidade gratuita para Micro$oft, dado que a xente da rúa que non ten coñecementos informáticos máis alo dos básicos, olla como unha entidade que rixe a vida dos cidadáns de Galicia fai uso dun certo tipo de ferramentas, alentando así os medos/desconfianzas/incertidumes de que os cidadáns fagan uso tamén só de ese tipo de ferramentas.

O que antes ser moi mal, permanecer todo igual, hoxe resultar excelente!!!!

Entry filed under: Coñecemento, Cultura, GNU/Linux, Micro$oft, Protesta. Tags: .

Micro$oft atacando OpenOffice, por algo será!!! Os Burberries toman o control tecnolóxico de Andalucía

5 comentarios

  • 1. José Miguel  |  octubre 19, 2010 a las 11:52 am

    Saludos… no entiendo bien vuestro idioma, pero si lo suficiente para saber de lo que se habla. La comunidad extrmeña es para mi todo un ejemplo a seguir, han demostrado en la practica que el software libre es posible… es una pena que nuestros políticos, que parecen estrujarse la mente en presupuestos, desaprovechen iniciativas encaminadas al ahorro publico…

  • 2. toniocastro  |  octubre 19, 2010 a las 3:33 pm

    Pues sí Jose Miguel, encima se escurren el bulto diciendo que esto ya viene de gobiernos anteriores, y tal y cual… lo cierto es que sí desde el gobierno de Galicia realmente quisieran apoyar al Sw Libre seguro que tienen herramientas administrativas/legislativas/judiciales o lo que sea como para romper el contrato firmado y apostar verdaderamente por el uso de herramientas libres.

    Te imaginas lo que se puede hacer con cuatro millones de euros bien invertidos en educación, o en sanidad, o en investigación?????

    Un saludo.

  • 3. Anónimo  |  octubre 19, 2010 a las 5:55 pm

    Evidentemente xa hai anos que os políticos non teñen credibilidade, se cadra nunca a tiveron.

    Este disparate terá varias consecuencias, a maiores do despilfarro. O que está claro é, que a Xunta é, e será, un dos principais clientes de software na Galiza, e isto vai supor un freo ao sector informático.

    Cando o sector produtivo está en clara caída, unha das principais vías é o capital humano. Por exemplo Bluesens, deseña pero fabrica en China. A día de hoxe é impensable que fabrique aquí, sería un claro fracaso económico. O capital humano é a nosa gran oportunidade.

    O software privativo é como os eucaliptos, onde vai desertiza. Pola contra o sl permite que todos vivan en harmonía, e respecta ás especies autóctonas. Apostar polo sl é dar saída a todo ese capital humano, apostar polas empresas da Galiza.

    Se de verdade queren apostar pola sociedade galega, deberían facer un plan de substitución do software privativo por sl, e en catro anos acabar con estes despilfarros. Axustar o sl ás necesidades da Xunta no será de balde, pero utilizando empresas galegas o gasto quedaría aquí, e non cruzaría o Atlántico como vai pasar agora.

    Este presidente prometía moitas cousas pero será lembrado polo dos retrocesos … no sl, no galego, no soldo dos funcionarios, nos libros de texto no ensino, na política social, etc.

    Saúdos,

  • 4. Gabriel Anxo  |  octubre 20, 2010 a las 9:00 am

    Otra cosa más, por mucho que redujesen el gasto, siempre saldría mejor comenzar la migración hacía el SwL e invertir ese dinero en al alfabetización tecnológica de los trabajadores de la Xunta; dado que con esto lo único que se consigue es prorrogar otros tres años la dependencia hacia Microsoft.

    Si se realizase dicha migración, en esos tres años podíamos tener una administración libre de royalties, y encaminada hacia ser una promotora de las nuevas tecnologias (libres por supuesto).

    Primero debemos educar a lo políticos y luego las cosas vendrán solas, no podemos esperar nada de personas que nada entienden de tecnología.

    Un saludo.

  • 5. toniocastro  |  octubre 20, 2010 a las 10:48 am

    Amén, Gabriel!!! ben certo é todo o que comentas.

    Un saúdo a ti tamén.


Calendario

octubre 2010
L M X J V S D
« Sep   Dic »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android