O Apalpador

diciembre 19, 2010 at 9:40 am 1 comentario

En Vieiros –Fuxe Santa Claus que hai ven o Apalpador– contannos o seguinte:

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros.

Video do Apalpador contada por nenos:

Na Galipedia tamén podes seguir aprendendo sobre este personaxe –O apalpador

Imaxe do Apalpador

O Apalpador

Entry filed under: Cultura, Galego. Tags: .

10 estratexías de manipulación mediática 2011 odisea social

1 comentario


Calendario

diciembre 2010
L M X J V S D
« Oct   Ene »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android