2011 odisea social

diciembre 29, 2010 at 10:56 am

Estamos as portas de cambiar de ano, decimos adeus ao 2010 e damoslle a benvida ao 2011. Como sempre unha morea de persoas estarán polas ruas buscando o modelo ideal para darlle a benvida a este novo ano, o que non sei eu é se hai algo que celebrar coa entrada do aninovo. Dende que eu recordo a chegada dun novo ano ven acompañada da subida dos importes de diverdas facturas, pero de seguro que este ano ese incremento será máis díficil de afrontar para moitas familias polo momento económico que estamos a pasar.

Mentres as masas desenfrenadas bailan, beben, e disfrutan unha man invisible pero que controla ao goberno deste pais esta a vaciarlles un pouco máis os seus petos.  As subidas que se esperan son as seguintes : 9’8% para a luz, 3’9% o gas, 2,3% o AVE e 3,1% os trens de cercanias, 5% os peaxes das autovias,…

O máis irónico é a fantochada que as compañias eléctricas poñen como escusa para o incremento do seu recibo. Polo visto e facendo uso da máis grande doa altruismos xamais coñecidas polo ser humano están a cobrarnos a enerxia por debaixo do prezo real de coste (ole!!! sus cojones), ousexa que ainda que cada ano os seus balances reflicten uns ingresos enormes e uns beneficios xigantescos deben de subir o prezo da enerxia para compensar o ‘defecit tarifario’ que cada un dos habitantes deste estado temos con elas (toma moreno!!). E iso que son unhas das industrias máis subencionadas, dado que por parte do estado reciben unhas suculentas inxeccións de capital para a producción de enerxias renovables. E ainda así non chega.

Preguntome eu de que serviu a liberalización deste campo (ao igual que de moitos outros campos) dado que ao fin o único que se produciu baixo o meu punto de vista foi por un lado a creación dunha oligarquia enerxetica que controla os prezos de producción e transporte ao seu pracer, e por outro lado a perdida do control por parte do goberno sobre cales son os custes reais de transportar a enerxia dun punto a outro e de canto custa en realidade a producción da mesma, polo que agora mesmo o goberno deste estado só lle queda fiarse das ‘bondadosas e altruistas’ empresas electricas deste pais no que a estimacións de producción e transporte de enerxia. A non ser que realmente (como en moitos outros aspectos) decidise  tomar cartas no asunto e estimar realmente cales son ditos custos, pero penso que non vai estar pola labor.

Polo resto o ano que vindeiro non será moi diferente dos outros, Galicia seguira sendo maís e máis pobre con poboación máis vella, o paro seguira deixando a familias en situación de pobreza, o futuro das pensións será de novo centro da polémcia, o goberno (indistintamente de que cor) seguira sendo manipulado por presións externas (gracias WikiLeaks), seguiranse recortando parcelas de benestar social mentres as grandes fortunas continuan levando o seu capital a paraisos fiscais sen que ninguén se preocupe, e como non, nós o pobo seguiremos ollando a televisión como borregos para escapar dunha realidade que non nos gusta pero que tampouco estamos dispostos a cambiar.

Saúdos.

Entry filed under: Protesta, Social. Tags: .

O Apalpador Realidade versus Visión social


Calendario

diciembre 2010
L M X J V S D
« Oct   Ene »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android