Malestar na comunidade de Sw Libre de Galicia

febrero 25, 2011 at 7:57 pm

Toda a comunidade de sw libre de Galicia-Galiza está en pé de guerra contra outra mostra máis do ‘amor’ que sinte a Xunta de Galicia (*) por M$. Por elo a comunidade galega de software libre manifesta nun comunicado conxunto a súa preocupación e malestar.

Comunicado conxunto dos grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia

(*)-> Lamentablemente non só a Xunta de Galicia está nas mans de M$, senon que outras moitas (practicamente todas) administracións están tamén cautivas desta multinacional, en algúns casos por deixaded, por falta de información dos responsables dos mesmos, e mesmo pode que por presións ou ate por interes… sexa como sexa a lamentable realidade é ver como se tira o diñeiro público no pago de royalties de software privativo sen o maís mínimo interes REAL na implantación de solicións canto menos igual de eficientes de software libre, que non só beneficia as arcas de cada unha destas entidades se non que contribue a mellora do propio software libre así como a expansión do mesmo entre os traballadores destas administracións e usuarios das mesmas.

Como dixen en moitas outras ocasións, debemos empezar por ensinar o verdadeiro poder do software libre aos gobernantes se queremos que algún día teña o lugar que lle corresponde no ámbito público.

S2!

Actualización:

Nova en ‘A Nosa Terra’ -> Regalo para Micro$oft

Ora ben, tamén debemos salientar que a Xunta do PPdeG, acudindo ás grandes multinacionais informáticas, vén de gastar millóns de euros na tradución do material e dos servizos informáticos que aquelas ofrecen…

Millóns de euros que contrastan cos 500.000 euros que a Xunta consideraba “custo excesivo” e que o goberno bipartito destinaba para Mancomún, proxecto nado no ano 2006, que aglutinaba as iniciativas de apoio ao software libre,…

Cada un coxea do pé que lle convén😦

Entry filed under: Galego, GNU/Linux, Protesta, Social. Tags: .

Día da liberdade dos documentos 30-Marzo Seguridad en internet para todos


Calendario

febrero 2011
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28  

Suscríbete as miñas novas

Powered by FeedBurner

Firefox

Android